Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Ligas Xuvenís: Moita igualdade no comezo da campaña

Ligas Xuvenís: Moita igualdade no comezo da campaña

2ª xornada das Ligas Xuvenís e comenzamos cos repasos de cada martes. E en principio iremos facendo repasos á actualidade da Liga, pero vainos ser imposible, polo de pronto, cubrir as Ligas como o facíamos o ano pasado coas crónicas completas de cada partido.
Para podermos conseguilo pedímosvos a xogadores, adestradores, siareiros... que nos enviedes fotos, resultados, aliñacións, datos... dos vosos partidos, e así poderemos chegar a cada campo cada fin de semana.

Abaixo repasamos como serán a 2ª Fase Previa á Fase de Ascenso e á Copa da Costa Xuvenil, que este ano a van xogar todos. E xa sabedes que tendes todos os resultados e as clasificacións en www.futboldacosta.com.

3 por arriba e 3 por abaixo no Sur

Comezamos así o repaso a esta tempada 2012-2013 polo grupo sur, polo Gr.3. 3 equipos son os que mandan polo de agora na competición, e outros 3 os que quedan sen sumar. Por arriba o novo Xallas de Santa Comba sitúase de líder. O cadro dirixido por Rafa afronta a tempada con continuidade i é que a base é que todo o equipo do ano pasado continúa, con xentes de calidade como Diego Maneiro, Dani Martínez, Styven, Ivan... ou Marquiños, xogador con ritmo de Preferente (adestra co primeiro equipo) que de feito en Corcubión, no primeiro partido, fixo un bo barro con 3 goles. Ademais hai dous cadetes entre os titulares (Cristian Caamaño e Roberto) e son varios os que subiron xa foron campións o ano pasado.

Os xalleiros puideron este sábado en Fontenla, onde xogarán a cotío, co Dumbría de Pablo Conde. Un Dumbría con moita xente de primeiro ano, dando continuidade aos que o ano pasado ascenderon a Liga Galega, e con algunha fichaxe como Miki. Fortes no medio campo, parece que van perder moi poucos partidos e dende logo intentarán estar entre os 3 que pasarán á fase de ascenso.

O Fisterra preséntase este ano moi forte, con un plantel moi amplo e con moita calidade. Os fisterráns gañaron este sábado ao Cee tras poñerse 3-0, pero ao final tiveron que pedir a hora.
Pola súa banda o Cee, este ano con moitas baixas dos que pasaron a maiores, con 8 mozos de primeiro ano, con xente moi boa cos balóns nos pés pero que defensivamente aínda lle falta. José Carlos conta ademais con dúas fichaxes como George e Juanfran chegados de Corcubión e Fisterra. Todos están con ilusión de estar arriba un ano máis.

Completa o trío de arriba o Muros, que superou na primeira xornada por goleada a un Soneira frouxo (moitos xogan co equipo B de 3ª Autonómica e tamén saíu goleado do Conchido) e esta á Esteirana de Fernando da Caixa nun partido moi apretado. I é que a Esteirana ten un plantel curto, con 14 xogadores, pero con bastante calidade.

No medio da táboa queda tamén o Mazaricos, que mantén moitos xogadores que tanto facían o ano pasado como Sandelo, Ferreiro, Oreiro... Este sábado puideron co Corcubión na Picota. Un Corcubión, que segue escaso de efectivos, pero conta con varios xogadores de moita calidade nas súas filas como Lestón, Sergio ou Manu.

O Ponteceso líder por arriba

Polo norte o líder é o Ponteceso, con 6 puntos tras vencer ao renovado Camariñas nun partido apretadísimo na primeira xornada, e facer o propio co Malpica o pasado venres. Foi un partidazo o vivido en Pedra Queimada, deixando ao Ponteceso de Mato, que este ano son un ano mais vellos, e só pasaron Puente e Jorge, coas altas de xentes que estiveran na casa Bieito (do Baio), Iago (de Baiñas e pasando polo Depor), e Brais e Eliseo (do Bergantiños) polo que este ano se ve que van estar arriba, xogando moi ben ao fútbol.

O Camariñas, este ano dirixido por Andrés, só ten 3 ou 4 xogadores do ano pasado pero os cadetes veñen con moita ilusión e así comezaron gañando na primeira xornada ante o líder, malia recibir esta semana unha malleira en Cabana.
I é que o Cabana ten un señor equipo. Moita continuidade nos de Carracedo, cos Mato, e compañía, seguro que estarán pola zona alta. Os cabaneses solventaron co Camariñas pero non pasaron do empate na primeira.
Así, o que mellorou e moito é o Muxía, que non é o do ano pasado e este ano seguro que dará que falar.

Lelo e Alejandro toman o mando dos xuvenís do Corme, que melloraron con respecto ao ano pasado, pois o equipo vai collendo experiencia. Caeron ante o potente Malpica na primeira xornada e venceu, pero puido empatar co Coristanco. Un Coristanco que venceu ao Laxe na primeira xornada, deixándo ao cadro laxense con 0 puntos.

O Baio continúa con bo equipo pero aínda ten pendente o partido co Muxía, aprazado por mor da Barca. Os baieses comezaron con vitoria ante o Zas nun derbi que foi máis igualado do que indica o marcador.

2ª Fase

Os 3 primeiros de cada Grupo tomarán parte na segunda fase de competición xuvenil, para dilucidar os 2 equipos que disputarán a fase final de ascenso a “Liga Galega”. Xogarán en total 6 equipos, que xogarán durante 10 xornadas, comezando con 0 puntos.

Paralelamente, o resto de equipos, (14), agruparanse en tres grupos, (2 de 5 e 1 de 4 equipos) que disputarán a “Copa da Costa” xuvenil, polo sistema de liga, de todos contra todos, dos cales sairán 10 equipos, que, xunto cos seis equipos da 2ª fase da liga, (en total 16) disputarán os oitavos de final da copa, a dobre partido, seguindo a continuación a competición o seu ritmo habitual, con cuartos, semis e final, esta, poderá ser a partido único, se os clubes así o deciden en votación na seguinte reunión a celebrar en xaneiro.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios