Louzán queda só na carreira pola presidencia da RFGF
Non haberá votación na Asemblea da Real Federación Galega de Fútbol. As eleccións dos asambleístas foi toda unha demostración de poder de Rafael Louzán, presentado máis de 130 avales dos 150 membros escollidos. Unha mostra que provoca que non se vaia presentar ningún candidato para intentar arrebatarlle a presidencia.
Louzán soubo conseguir o respaldo do 87% do fútbol galego cunha especial atención a cada realidade. Así é o sentir de moitos clubs da Costa, que valoran a súa presencia en innumerables ocasións á bisbarra para coñecer a realidade e as necesidades do noso fútbol. Agora ábrese un prazo para a presentación de reclamacións e recursos e o 30 de novembro será cando sexa proclamado definitivamente como único candidato, quedando a proclamación como presidente para a Asamblea Xeral que inicialmente está fixada para o 10 de decembro aínda que podería adiantarse. Tamén remataba hoxe o prazo para a presentación de candidaturas á Comisión Delegada, presentándose o número exacto de membros que a compoñen, polo que tampouco haberá eleccións. A candidatura representa ás catro provincias e a todos os estamentos do fútbol galego, e conta con Iván Cancela (adestrador do Sofán) como único membro do Fútbol da Costa. Ao seu redor estarán os clubs: UD Mos; CSD Arzúa; Alondras CF; Imperátor OAR; UD Barbadás; SD Sarriana; Poio Fútbol Sala; Alex Parada (entrenador); Juan Carlos Domínguez (futbolista); Natalia Moreira (futbolista fútbol sala); David Pérez Pallas (árbitro).