Louzán refrenda a súa posición á fronte da RFGF


A Costa da Morte teremos 6 clubs asambleístas (Sofán, Os Miúdos, Corme, Outes, Esteiranas e Xallas) e un adestrador (Iván Cancela) de cara ás eleccións da Real Federación Galega de Fútbol que se celebran o vindeiro 10 de decembro. Este pasado luns tiveron lugar as votacións dos asambleístas que representarán aos estamentos do fútbol galego nos comicios nos que se presenta á reelección o actual presidente, Rafael Louzán, fronte ao ex presidente García Liñares, que chega apoiado dun Gustavo Falqué que precisamente nas pasadas eleccións apoiaba a Louzán.
En todo caso, parece que estas votacións refrendan a labor de Rafael Louzán á fronte da entidade, pois segundo os cálculos da actual directiva, pasaría dos 79 asambleístas que lle deron o seu apoio en 2014, aos 120-130, que lle outorgan agora.
De feito, os asambleístas costeiros apoian a candidatura do pontevedrés.
Aínda falta a resolución das diferentes reclamación, pero a cousa parece clara para o actual presidente de cara ás eleccións do vindeiro 10 de decembro.