Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Luns histórico para o Fútbol da Costa coa apertura da Delegación costeira da Federación

Luns histórico para o Fútbol da Costa coa apertura da Delegación costeira da Federación
Nova aula formativa na sede da Federación Galega de Fútbol en Baio Nova aula formativa na sede da Federación Galega de Fútbol en Baio Este luns 16 de xaneiro de 2017 será un día histórico para o Fútbol da Costa. Como nos confirmara o propio presidente Rafael Louzán, e como posteriormente llo trasladara aos clubs da zona, a Federación Galega de Fútbol abre unha nova sede na Costa da Morte. Este luns ás 20:00h ningún club pode faltar á cita na nova sede federativa, situada no edificio anexo ao pavillón de Baio. Servirá ademais para realizar unha nova xuntanza cos clubs, na que se presentará ao novo delegado federativo, Manuel Corredoira, e se lle fará entrega a cada club de cinco balóns e unha bolsa para levar o material deportivo. Unha sede que, como sinala Louzán, serve para “seguir descentralizando os servizos”. Será un novo espazo para uso dos clubs, árbitros e adestradores, cunha persoa que estará fisicamente 3 dáis por semana. Ademais, a formación terá un bo impulso coa creación de varias salas. E un dos puntos máis importantes, e máis demandados polo noso fútbol, é a apertura da sede dunha delegación do colexio de árbitros, que permite bonificar o recibo arbitral para que lle salga moito máis barato aos clubs da Costa. Sede da Federacion Galega de Futbol en Zas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios