Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Máis de 220 triatletas de base reúnese este domingo en Carballo no "Nada e Corre"

Máis de 220 triatletas de base reúnese este domingo en Carballo no "Nada e Corre"
nada corre carballo O presidente da AD Fogar, o alcalde de Carballo e o concelleiro de Deportes presentaron onte a proba Uns 225 triatletas de base, das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e cadete de último ano, reuniranse este domingo en Carballo para disputar o “Nada e Corre” - segunda xornada da fase zonal 1 - na que compiten dez clubs da Coruña e Lugo: club Triatlón Ferrol, Cidade de Lugo Fluvial, CN Cedeira, AD Náutico Narón, Trisada, AD TRi-Penta Terras de Lugo, AD Triatlón Oleiros, Zalaeta 100Tolos coruñés, AP San Ramón de Vilalba e o anfitrión esta fin de semana, a AD Fogar. A cita, organizada polo programa Xogade da Xunta, a AD Fogar e a Federación Galega de Triatlón, en colaboración co concello, Policía Local e Protección Civil de Carballo, presentouse onte na Casa do Concello, nun acto no que participaron o edil de Deporte e Cultura - Marcos Trigo -, o alcalde - Evencio Ferrero -, e o presidente da AD Fogar - Gustavo Álvarez -. nada corre Se na proba que abriu o calendario, en Ortigueira, o clube de Carballo e Oleiros convocou a só 8 deportistas, que acadaron unha medalla de ouro, outra de prata e outra de bronce, o domingo na piscina Carballo Calero e na súa contorna estará representado por 8 nenas e 31 nenos de entre 7 e 17 anos. O programa comezará coa natación, ás 10 horas, nas seguintes distancias: 25 metros (prebenxamín), 50 metros (benxamín), 100 metros (alevín), 200 metros (infantil) e 400 metros (cadete). A saída da carreira, por un circuíto de 1.000 metros arredor da zona escolar, está prevista arredor das 11:45 horas. Os triatletas terán que completar 250 metros (os prebenxamíns), 500 metros (benxamíns e alevíns), 1.000 metros (infantís) e 2.000 metros (cadetes). Sobre as 13:30 horas entregaranse os trofeos e medallas. Evencio Ferrero felicitou ao Fogar polo seu traballo na organización da proba e reafirmouse en que Carballo é deporte. “Ten presenza continuada no calendario deportivo galego de categorías inferiores”. “O Concello - engadiu - ponse sempre a disposición dos clubes para que Carballo siga a ser referente no deporte autonómico e epicentro de multitude de eventos, o que reflicte a calidade das nosas infraestruturas e a nosa capacidade organizativa”. Campaña de Esquí Por outra parte, o concello de Carballo dispón de 13 prazas na Campaña de Esquí 2017, una actividade xa consolidada dentro da programación da Deputación da Coruña que vai dirixida a nenas e nenos nados entre os anos 2002 e 2006 e empadroados no municipio. Este ano Carballo está incluído na quinta quenda, do 26 ao 31 de marzo, xunto co resto dos concellos bergantiñáns. O prazo de inscrición está aberto até o día 23 deste mes de xaneiro. As persoas interesadas poden descargar a ficha nesta mesma nova e entregala, unha vez cumprimentada, no Rexistro do concello de Carballo. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao de prazas celebrarase un sorteo público o día 25 de xaneiro, ás 18:30 horas, na Casa do Concello. Os nenos e nenas definitivamente admitidos terán que aboar 95 euros como cota de participación. Novas relacionadas Fonte

Comentarios