Máis de 30 rapaces arrincaron con gañas e ilusión a Escola do Atlético de Madrid en Dumbría


”Con gañas e ilusión”. Así arrincaba a Escola de Tecnificación do Atlético de Madrid en Dumbría este luns. 32 rapaces, moitos tremendamente nerviosos por vestir a camisola colchonera, xa comzaban os adestramentos no Conco, á espera de que novos compañeiros se vaian unindo nas vindeiras semana, unha vez que o prazo de inscrición para rapaces de entre 4 e 17 anos segue aberto.
Héctor Antelo, responsable da Escola, foi o encargado de recibir aos pais, explicarlles en que consiste a Escola, agradecerlles o formar parte do proxecto, así como para darlles algúns avisos. Para os nenos tocaba unha agarimosa benvida e unha “invitación a aproveitar a experiencia, aprendendo e gozando dela”.
Un dos momentos que máis disfrutaron neste primeiro día foi no momento da entrega das indumentarias oficiais da Escola, consistentes nunha equipación curta completa (camiseta, pantalón e medias), así como un chandal. Material co que tanto os pícaros coma os pais quedaron encantados.
Posteriormente levouse a cabo unha pequena sesión de toma de contacto, dedicada principalmente a que os nenos se foran coñecendo, xa que na Escola conflúen nenos de diferentes partes da zona da Costa da Morte (Carnota, Muros, Muxía, Vimianzo, Camariñas, Cee, Dumbría...) e é importante ir facendo equipo para o vindeiro luns ás 19:00, empezar os adestramentos propiamente ditos.
Así arrincaba esta proposta de primeiro nivel estatal nun lugar como Dumbría. Unha proposta que mantén o prazo de inscrición aberto durante as vindeiras semanas, polo que se queren que o seu fillo leve unha gran experiencia, pregunte no Conco ou no Concello dumbriés.
Máis información e inscrición
Novas relacionadas
- A Escola de Tecnificación do Atlético en Dumbría xa está lista para rodar.
- En marcha a escola do Atlético de Madrid en Dumbría.
- O Atlélico de Madrid aterra en Dumbría.
- #DumbríaéDeporte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).