Máis fichaxes no Dumbría e no Ponteceso e asemblea á vista en Corcubión

Máis novidades arredor do #futboldacosta, que non para. E repasamos os movementos afrontamos unha semana con torneos de fútbol praia en Lariño, o Mundialiño de Cee e máis en Corcubión dos Veteranos, onde por certo o Dumbría B, que parece que pode coller forma deixando en 15 os equipos da 3ª, substitúe ao Ponteceso.

Pero imos repasando as fichaxes e as citas asemblearias.

Asemblea en Corcubión

Un dos equipos pendentes dunha nova directiva é o Corcubión. E este venres 12 de xullo ás 21:00h no Casino de Corcubión haberá unha cita fundamental. Parece que Carlos Lema está decidido a tomar o mando do barco, pero el non poderá estar, en principio, para a reunión, pero enviará a parte do equipo da xestora que buscará tomar o relevo de Casimiro.

Primeiros nomes para a SD Ponteceso

Dieguito, dianteiro da UD Cerqueda, Illote, porteiro do Laxe, Adrián Freire, defensa do San Lorenzo, as primeiras fichaxes do Ponteceso de Mato para esta campaña.

Máis fichaxes no Dumbría

A pasada fin de semana facía 4 presentacións o Dumbría, e hoxe facía unha máis, a do dianteiro corcubionés David Lourido, que ten todo un futuro por diante.

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).