Máis fichaxes no Dumbría e no Ponteceso e asemblea á vista en Corcubión

Máis novidades arredor do #futboldacosta, que non para. E repasamos os movementos afrontamos unha semana con torneos de fútbol praia en Lariño, o Mundialiño de Cee e máis en Corcubión dos Veteranos, onde por certo o Dumbría B, que parece que pode coller forma deixando en 15 os equipos da 3ª, substitúe ao Ponteceso.
Pero imos repasando as fichaxes e as citas asemblearias.
Asemblea en Corcubión
Un dos equipos pendentes dunha nova directiva é o Corcubión. E este venres 12 de xullo ás 21:00h no Casino de Corcubión haberá unha cita fundamental. Parece que Carlos Lema está decidido a tomar o mando do barco, pero el non poderá estar, en principio, para a reunión, pero enviará a parte do equipo da xestora que buscará tomar o relevo de Casimiro.
Primeiros nomes para a SD Ponteceso

Dieguito, dianteiro da UD Cerqueda, Illote, porteiro do Laxe, Adrián Freire, defensa do San Lorenzo, as primeiras fichaxes do Ponteceso de Mato para esta campaña.
Máis fichaxes no Dumbría

A pasada fin de semana facía 4 presentacións o Dumbría, e hoxe facía unha máis, a do dianteiro corcubionés David Lourido, que ten todo un futuro por diante.
Novas relacionadas
- O #fútboldaCosta vivirá unha fin de semana de Gala e Mundialiño.
- Repaso á reunión máis importante da tempada no #futboldacosta con só o 25% dos clubes representados.
- Movementos nos clubes da Costa: 14 equipos na 3ª?.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
Torneos e fichaxes
- En marcha o 1º Mundialiño costeiro.
- Outra de fichaxes no #futboldacosta.
- Máis Torneos por Lariño.
- Unha de Torneos por Muros.
- De Torneos por Corcubión, Malpica e Cee e máis fichaxes.
Crónicas da semana
- Os KebraCostas triunfaron no Torneo da casa.
- Os campións da MiniCopa da Costa.
- O Xallas de Santa Comba, campión da 50 edición da Copa da Costa.
- Carnota e Muros viviron grandes e emotivos torneos.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: A miña homenaxe a un deses Presidentes que fan grandes o fútbol da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).