Venres. 29.03.2024
El tiempo

Marea de torneos estivais

Marea de torneos estivais

Seguimos traendo a actualidade dos torneos de verán que imos atopando pola volta. E se esta fin de semana rematarán as competicións oficiais coa Final da Copa da Costa, e ca Gala, xa con nominados e todo, tamén teremos varios torneos en marcha:

Campionato de Barrios de Esteiro

Campionato Barrios Esteiro X5 II Mundialino Costa da Morte en Fisterra 2014

Continúa en marcha o torneo máis vivo do verán costeiro. O 37º Campionato de Barrios de Esteiro continúa enchendo o Xosé Luís Vara cada fin de semana. A pasada semana o Carallo Santo, que segue dando a sorpresa, mantivo o liderato ao vencer ao Praias de Reimundes por 3-1, sendo este un dos candidatos a quedar ca culler de madeira. Ademais, o Tal venceu ao Independiente e se mete entre os 4 primeiros que irán ás semifinais. Con ambos equipos, tamén están aí metidos Ciclóns e Cánchester. E precisamente, para este sábado 28 de xuño, Ciclóns - Cánchester, un clásico case no máis alto.

Mundialiño Costa da Morte

Este venres ás 19:00 realizarase a presentación e o sorteo no salón de plenos do Concello de Fisterra da 2ª edición do Mundialiño Costa da Morte, que este curso conta coa incorporación de Dumbria como novidade de este ano, ademais dos Cee, Fisterra e Corcubión. Desta volta. realizarase no Concello de Fisterra que foi o campión da I edición deste torneo.

I Maratón de FS de Santa Comba

Maraton FS Santa Comba 2014 Tamén na capital xalleira pero a finais de mes, 27, 28 e 29 de xuño, terá lugar o I Maratón de FS de Santa Comba no pavillón de Fontenla, con 3.100 puntos en premios.

Torneo Base en Cabana

Os días 28 e 29 de xuño o Campo das Redondas, un dos que máis atención presta ao fútbol base, acolle o VI Torneo de Fútbol Base Cabana SD. 14 equipos benxamíns e outros tantos alevíns, cunha primeira fase de grupos a golpe de sábado e un domingo de Fase Final. Torneo Base Cabana 2014 Benxamin Torneo Base Cabana 2014-Fase Final

Torneo en Carnota

Campionato F7 de Carnota 2014

Torneo de Fútbol 7 en Camariñas

Dende o Camariñas xa están armando un Torneo de Fútbol 7 que cambia e pasa aos días 12 e 13 de xullo. Xa poden inscribirse no 653 077 393.

Torneo de F7 de Zas

O campo de San Andrés, en Zas, acolle un Torneo de F7 os días 5 e 6 de xullo, con 1700 puntos en premios. Podes inscribirte antes do xoves 3 de xullo nos 690 111 634 ou 627 755 016.

Torneo de F7 en Santa Sabiña

A cita no campo de herba de Santa Sabiña co fútbol 7 será os días 12 e 13 de xullo, con máis de 3000 puntos en premios. Poden inscribirse xa no Bar O Rueiro ou nos 636 033 610 antes do 10 de xullo as 21:00h.

Mundialito de Pachangas de Muros

O sábado 19 de xullo terá lugar o II Mundial de Pachangas no polideportivo de Miraflores.

Mundial de Pachangas de Muros

I Maratón FS de Baio

Os 19 e 20 de xullo, o CD Baio artella o I Maratón de Fútbol Sala. Habera 1550 puntos en premios, e a cota de inscrición é de 80 puntos, e ten que realizarse antes do 18 de xullo ás 20:00h, nos número 696 826 484, 627 908 835 ou 645 817 725.

Campus en Outes

O Outes prepara un campis para o verán dende o 30 de xuño ata o 11 de xullo, para nen@s de 7 a 15 anos. Ten un custe de 35€ e xa se poden facer as inscricións no Concello ata o 28/06. Campus Concello de Outes 2014

Campionato F7 de Mazaricos

Campionato de F7 A Fervenza Mazaricos 2014 Os días 9 e 10 de agosto, a cita será en Antes, Mazaricos, co Fútbol 7. Con 2200 puntos en premios.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios