xoves. 01.05.2025
El tiempo

Matrimonio de prata, capitán de ouro

Matrimonio de prata, capitán de ouro
Emilio foi homeaxado por tódolos estamentos do fútbol da Costa, despois de cumprir un cuarto de século dando exemplo como futbolista do Buño Emilio, durante a última homenaxe Emilio, durante a última homenaxe Se existise un canal de televisión propio da Costa da Morte, ou un temático de fútbol, o programador tería moi sinxelo o seu traballo para estas datas. Nada mellor que contraprogramar os 'Que Bello es vivir' ou 'Home Alone' con outra historia desas que chegan á fibra e pódense tildar de exemplarizantes: a de Emilio Calvo Doldán, capitán e xa mito dun Buño no que acaba de cumprir 25 anos de fidelidade. No último partido do 2016 houbo unha homeaxe por parte da institución da súa vida, pero tamén coa colaboración e aplauso unánima de cantos teñen convivido con el: Concello, rivais e mesmo o Comité Técnico Galego de Árbitros, que nunca tivo que rexistrar unha expulsión súa, a pesares de xogar nunha posición, a de centrocampista, que invita a elo. "A verdade é que estou un pouco abrumado por tanta felicitación", confesa. "Non sei ata que punto merecía tal homeaxe., quedei gratamente sorprendido cos detalles do Corme e do Concello de Malpica, e que decir do obsequio do Comité de árbitros! Non mo esperaba. Estou moi agradecido a todos e obviamente tamén o meu club, que me deu o domingo unha nova satisfacción; é algo inesquencible", engade un agradecido Emilio. Os árbitros entregaron esta divertida nota e estes cartóns Os árbitros entregaron esta divertida nota e estes cartóns Nun tempo en que a todos nos cae a baba e quedamos ollipláticos ao ver historias como as de Totti, Del Piero ou Puyol, non está de máis invitar á reflexión sobre o difícil que é tamén atopar historia semellantes de fidelidade no balompé modesto de hoxe en día. Emilio non sabe o que é defender outro escudo que non sexa o do Buño, e, coma no caso das lendas globais, non foi porque non tivera ocasión de facelo. " Algunha vez chámaronme diutros equipos pero decidín quedar, supoño que sobre todo por unha razón práctica: xogar e adestrar ó lado da casa é impagable, e obviamente co paso dos anos vaise creando tamén un vínculo co club que fai que non te plantees xogar noutro sitio", explica un home que, agora con 37 anos e unha vida a cabalo entre o sur do país e a comarca de Bergantiños, ten toda a forza do mundo para seguir adiante. "Non pensei moito niso", advirte. "Sei que a retirada está aí, e será máis cedo que tarde pero tampouco quero poñerme ningunha data de caducidade, todo dependerá de cómo me atope física e mentalmente para seguir competindo; iso si, espero saber deixalo a tempo", apuntilla. Pódese dicir que Emilio é unha sorte de patriarca dunha gran familia, pois o 'roster' do Buño apenas ten variado no último lustro, e nomes como os do propio capitán ou Richard, Dourado, Calvete e demais saen de 'carrerilla' desde a etapa de Terceira Autonómica. Poucos sitios hai tan apropiados para botar raíces, e seguramente tamén por iso ao homeaxeado se lle fai difícil elixir nomes na película da súa vida deportiva. "Neste tempo pasaron moitos xogadores polo club, aínda que mantivo unha columna vertebral xurdida daqueles equipos de base que se fundaron a principios dos 90", lembra. "Homes coma Víctor e Diego foron referentes en todas as categorías ata chegar ao primeiro equipo, onde se foi unindo xente que se ía sentindo a gusto nun vestiario tranquilo. O club non ofrece cartos pero sí boas instalacións e bo ambiente, ou eso espero…", prosigue antes de ser cauto para destacar nomes propios: "Non me gusta personalizar. Para ben ou para mal, todas as persoas cas que te relacionas vante marcando e axudan a formarte como deportista. Sería inxusto nombrar solo a uns poucos". Pero como tódalas historias grandes, non habería mito sen sufrimento, e tampouco sen gloria. Emilio ten claros os momentos álxidos e os non vividos que aínda se ilusiona con vivir vestido de branco e azul. "Seguramente o ascenso a Segunda na tempada 2009/2010, ganado o título sexa o mellor momento, e a a nivel personal, a homenaxe do outro día tamén foi moi emotiva", di. "E máis que ter unha espiña clavada, sí me houbera gustado xogar unha final de Copa da Costa, pola súa trascendencia, pero tampouco é algo que lamento", conclúe un home que xa é exemplo de 'olería', que diría o himno do Sevilla, pero tamén de que a veces non dar un paso fóra é importante para que che coñezan moito máis alá das túas fronteiras.

Comentarios