MC, goles que son amores
07:29 08/11/17
Non é un descoñecido, quizais sexa un dos nosos xogadores máis relevantes. Son moitas tempadas anotando tantos para a camiseta do seu corazón, a do Baio. Pero o gol deste domingo, un auténtico golazo, adquiriu relevancia nacional. É o que ten sair nos medios de comunicación estatais. Non deixa de ser unha anécdota máis no curriculo de Martín Fuentes, MC, porque a visión que temos e teremos cando se retire do fútbol costeiro, será a dun tremendo xogador dedicado en corpo e alma ó seu club. Un goleador dos de antes, en calidade e sentimento.
QPC - Vaia golazo lle espetaches ó Piloño. Como foi a xogada?
A verdade é que estou moi contento de que saira así e puidera axudar á vitoria do equipo. A xogada empezouna Peke saindo co balón xogado, doullo á banda a Isaac e el de frente a Bieito, e sabía que Bieito me ia meter o balón ó espacio, ahí mirei para o porteiro e vin que quedaba a media saída, probei e por sorte saiu ben.
QPC - Por desgracia tiveches que retirarte no descanso lesionado. Tes para moito tempo?
Esperemos que pronto me recupere, que este ano a verdade é que non empezou moi ben nese senso.
QPC - Crees que hai unha causa para tanta lesión, ou cárgasllo á mala sorte?
Creo que solo é cuestión de mala sorte porque o ano pasado xoguei todos os partidos de liga sen lesión algunha, e ademais que insisto moito no traballo preventivo porque sei que podo ser propenso a lesionarme, pero as lesións deste ano creo que non ten nada que ver e que solo será eso, mala sorte.
QPC - Estavos costando arrancar na competición, porque realmente tedes un gran equipo.
Creo que en ningún partido salvo o do Puebla foron superiores a nos, competimos moi ben e seguro que competindo así vamos a facer moitos puntos, tampouco axudou nada ter tantas baixas pero non é excusa, porque hai moi boa plantilla.
QPC - Con respecto ó ano pasado estades a sufrir a baixa dun home importante no ataque, como é Javi Suárez.
Home a verdade é que un xogador como Javi Suárez sempre se bota moito en falla porque nos axuda moitísimo, para min é do mellor da Costa, e está claro que se nota, pero xa non so como compañeiro de campo senón nos entrenamientos e o bo grupo que fai siempre, un xogador 10.
QPC- Que falades no vestiario sobre o voso equipo? En que posición vos marcades o obxectivo?
Como sempre digo somos un equipo moi competitivo e queremos acabar o mais arriba posible, non nos temos marcado ningunha posición pero creo que estaría ben entre os 10 primeiros.
QPC - O que está cada vez mellor é Martín, parece que no pasan os anos por el. Para os dianteiros ter un pasador coma el debe de ser un luxo.
De Martín pouco podo decir porque todo o mundo o coñece, aquí non creo que vexamos nunca un xogador como el. É un orgullo compartir vestuario con el. O seu secreto creo que é a ilusión que lle pon en todo momento.
QPC - Con este inicio con dúbidas na liga, seguides mantendo ese estilo que tanto vos caracteriza de fútbol ofensivo, ou a veces hai que amarrar algo para obter resultados?
Está claro que hai partidos que non temos tanto a pelota como nos gustaría pero sempre que podemos tentamos facer un xogo combinativo e ter unha proposta ofensiva.
QPC - Que che está a parecer o nivel da liga, e o papel dos equipos costeiros na mesma?
O nivel da liga creo que é alta, donde todo está igualadísimo e calquera equipo lle pode ganar a calquera. A min o equipo que mais me gustou ata agora foi con moita diferencia o Puebla, pero a esa altura seguro que acaba o Lalín ou o Soneira, son para min os 3 favoritos. Sobre os da Costa, por agora non nos enfrentamos con ningún pero como ben digo o Soneira creo que está no grupo dos favoritos por toda a plantilla que ten, e creo que os outros temos suficiente equipo como para estar nunha zoa mais tranquila.