Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mini xornada na previa do Nadal

Mini xornada na previa do Nadal
Este sábado tivemos triple ración de partidos adiados no seu momento, un en cada categoría. En Preferente Norte o Xallas prolongou a súa boa xeira de resultados, con xa 8 confrontacións sen perder, igualando nun partido sen goles co líder Paiosaco. Moi bo punto dos xalleiros ante un equipo fai nada pouco menos que imbatible. En Muxía, remontada do Malpica ante o cadro local, e goles das novas fichaxes. Adiantouse o equipo local con tanto de Mauro Romaní, pero primeiro Dani Casal, e despois ... Vituco¡¡¡..., que formaba co 3º equipo desta tempada, deron unha importante vitoria ó caótico Malpica de Repi. En 3ª Galicia, pola súa parte, o Muros aproveitou ben a tarde e impúxose ó Porteño por 2-1 con dous tantos de Ramón, ó ultimo a pouco do final. O Malpica venceu en Arliña XALLAS 0 - PAIOSACO 0 XALLAS: Julián, Cristian (Raúl Añón 85´), Pablo Vigo, Dani Becerra, Alex Canedo, Fernando (Oliver 61´), Borja Gándara, Marquiños, Kevin (Camilo 70´), Abel e Uxío (Alex Blanco 77´) MUXÍA 1 - MALPICA 2 MUXÍA: Angel Luís, Julián (Tomás 73´), Michael, Conguito (Hugo 85´), Martín (Pesqui 22´), Isma (Mario 55´), Mauro Romaní, Víctor Alcaina (Lagoa 66´), Toja, Adrián Alcaina, Manu Nogueira. MALPICA: Anxo, Manteca, Omar, Santi Cambón, Bolón, Jesús, Martín (Rubén 32´) (Andy 43´), Dani Casal, Vituco, Gonzalo Vilariño e Ures (Gustavo 70´). GOLES: 1-0 11´Mauro   1-1 22´Dani Casal   1-2 34´Vituco MUROS 2 - PORTEÑO 1 MUROS: Xandre, David, Banana, Iván Cerilla, Ramón, Javi, Saúl (Gael 89´), Canote (Edu 22´) (Sergio 76´), Pedro, Alvarito (Alex 87´) e Yerai. PORTEÑO: Jonathan, Marcos, Curra (Manuel 60´), Pejo, Adrián, Mario (Martín 48´), Jorge, Vicente, Luis, Rachón (Xoel 35´) e Angel. GOLES: 1-0 13´Ramón   1-1 66´Pejo   2-1 86´Ramón Bo empate do Xallas ante o lider

Comentarios