Venres. 19.04.2024
El tiempo

Muros abre a inscrición para o I duatlón "Eleuterio Balayo"

Muros abre a inscrición para o I duatlón "Eleuterio Balayo"
primeiro duatlon eleuterio balayo muros O concello de Muros acaba de abrir as inscricións para a primeira edición do dúatlon “Eleuterio Balayo” que terá lugar o vindeiro 16 de abril. As inscricións xa están abertas na web www.emesports.es teñen un prezo inicial de 10,00 €, válido ata o 23 de marzo. Posteriormente o prezo verase incrementado aos 15,00 €. Nace así un evento deportivo único na comarca e que xunto ao tríatlon se encontran como actividades deportivas en pleno auxe. Segundo informan dende o concello, esta inciativa ven, en certa medida, precedida polo grande impulso que lle está dando a figura do pentacampión mundial de tríatlon, o galego Javier Gómez Noya. Nesta modalidade deportiva únese a carreira a pé e o ciclismo e será a través dun formato tipo "sprint" - 5 km carreira a pé, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira a pé -. Circuito O tramo de carreira a pé, totalmente urbano, percorrerá parte do porto muradán así como o paseo marítimo, na primeira carreira daranse un total de catro voltas mentres que na última serán dúas. No que se refire ao sector ciclista, desenvolverase pola AC 550 dirección Cee e deberanse completar un total de catro voltas, sendo esta zona un lugar de extraordinaria beleza paisaxística xa que ao fondo se pode contemplar Monte Louro e a ría de Muros. O concello de Muros trata de darlle o recoñecemento máis que merecido a Eleuterio Balayo, polo que esta proba deportiva será unha homenaxe a súa persoa. Eleuterio Balayo foi unha persoa fortemente vinculada ao deporte, á cultura e á promoción económica do municipio, colaborando e mediando en moitas das actividades que se proxectaron a nivel municipal. Os seus anos de presidente no Muros SD e a súa paixón polo ciclismo foron un dos trazos máis vinculados ao deporte pero o que máis marcou a súa figura foi a súa carisma, o trato afable e próximo que mantiña coa veciñanza. Dende o Concello de Muros perséguese que está actividade non sexa puntual senón un evento de futuro, sen data de caducidade e que perdure no tempo converténdose nunha cita deportiva importante a nivel galego.

Comentarios