Muros xa se prepara para a Carreira Solidaria do Espírito Santo

07:24 11/04/18

En xuño terán cita cos 10K de Carballo, pero os atletas da bisbarra terán outra parada en Muros no mes de maio. A IX Carreira do Espírito Santo celebrarase o domingo 6 de maio, sendo moito “máis que running”, como di o lema.
Pois falamos dunha carreira solidaria, e para inscribirse basta con levar algo comida non percedeira a prol de Cáritas. Todo da man da activa Asociación Rumial do Campo de Cortes.
Iso si, hai que inscribirse previamente en championchipnorte.com. O importe da inscrición será de 1 euro por aluguer de chip para os non propietarios de chip amarelo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).