sábado. 09.11.2024
El tiempo

Muxía e Cristal recibirán o Premio á Acción Máis Deportiva na Gala do Fútbol da Costa

Muxía e Cristal recibirán o Premio á Acción Máis Deportiva na Gala do Fútbol da Costa
Cristal e Muxia homenaxearon a Abdoulaye e Mousse Cisse 1 Cristal e Muxia homenaxearon a Abdoulaye e Mousse Cisse Seguimos repasando como vai ser esa IV Gala do Fútbol da Costa - QPC que se celebrará en Muxía este vindeiro venres 16 de xuño a partir das 21:00h. Unha gala que se lembrará dos colexiados e os delegadosdo histórico Tito Luaces; que xa ten lista de candidatos (e case de nominados), e que contará co toque de humor de David Perdomo. Unha Gala que volverá render homenaxe a Alex Pombo, co premio que leva o seu nome, e que tamén terá ata dous momentos para recordar ao bo de Abdoulaye. Precisamente, o Premio Á Acción Deportiva, que este ano patrocina a Grupo Clínicas O Burgo en Carballo, chegará ata Senegal. Ademais do Premio Especial Fútbol Base Abdoulaye, que anunciaremos mañá, QPC quere recoñecer os xestos das directivas do Muxía CF e do Club Deportivo Cristal da Coruña por ese fermoso partido homenaxe que renderon a Abdoulaye e ao Moussa Cisse, eses dous rapaces senegaleses que nos deixaron antes de tempo. As directivas muxiá e herculinas recollerán o galardón.

Novas relacionadas

 

Novas relacionadas

As Galas do Fútbol da Costa

Máis información

Fonte

Comentarios