Néstor, a fichaxe venelozana do Volei Dumbría, comeza a demostrar o seu poderío
Brillante partido en tarefas ofensivas o que protagonizou o “opuesto” dumbriés para levar ao seu equipo á vitoria. Néstor anotou 34 puntos, 27 deles de accións ofensivas, cun 46% de acertos, ademais de 2 aces e 5 bloqueos, unha completísima actuación coa que se sitúa como segundo mellor atacante, terceiro mellor bloqueador e máximo anotador da xornada.
É a segunda vez que un xogador do Voleibol Dumbría é recoñecido co MVP da xornada, xa que na primeira xornada de Liga, o colocador dumbriés Manuel Marcote foi recoñecido como o mellor xogador da semana.Liga Galega Cadete Masculina
O equipo cadete do Voleibol Dumbría venceu ao Voleibol Lugo por 3-0 en partido disputado o sábado ás 10:30 no Pabellón Municipal de Dumbría. Nun partido moi frouxo contra un equipo que está empezando, o adestrador dumbriés aproveitou para dar minutos a todos os seus xogadores, sobre todo aos 5 novos que se incorporaron esta tempada. O resultado final sería 25-8, 25-18 e 25-13.
Esta semana os cadetes descansan, mentres que os xuvenís desprázanse a Orense para enfrontarse o domingo día 13 ás 10:30 contra o Burgas.
Máis información
Novas relacionadas
- O Volei Dumbría abónase ao 3-2 da man dun gran Néstor González.
- Unha derrota e un empate para as categorías inferiores do Volei Dumbría.
- Unha remontada épica para soñar.
- O Volei Dumbría volve á crúa realidade da SuperLiga2
- O Volei Dumbría engancha á afección no histórico debut en SuperLiga2.
- O Volei Dumbría comeza a súa histórica andaina pola SuperLiga2.
- O Volei Dumbría xogará na Superliga 2.
Fonte
- Volei Dumbría.