Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Nin o tempo puido cos amantes da BTT na Quedada de Muxía que pensan na cita do Xallas

Nin o tempo puido cos amantes da BTT na Quedada de Muxía que pensan na cita do Xallas
Saida da BTT de Muxia-Foto- Bela Muxia Defintivamente a Costa da Morte é unha potencia en materia BTT. Nin o tempo puido cos bravos ciclistas que percorreron os montes de Muxía na I Quedada BTT. Foron uns 80 os participantes, que quedaron encantados coa organización da Asociación de Empresarios de Muxía ASMECO, no marco da Autofeira, e a colaboración do Club Ciclista Costa da Morte e, coma sempre nestes casos, Protección Civil.

Os participantes percorreron sendeiros por uns 40 quilómetros, descubrindo verdadeiros tesouros naturais do concello muxián como Nemiña, Touriñan, Santuario da Barca, etc... Unha proba que dende logo se repetirá nos vindeiros anos.

Preparandose para a Quedada BTT de Muxia-Foto- Bela Muxia

III Ruta Terra do Xallas

BTT Terra do Xallas 2013

E xa sen tempo, se a semana pasada estivemos por dumbría, para o vindeiro sábado 15 de xuño teremos que preparar a bici para ir a Santa Comba. A III Rut terra de Xallas sairá ás 9:30h

Xa podedes inscrivirvos ata o 7 de xuño enviando un correo a [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).

Comentarios