Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O AD Zas Ponciano Nieto empata en Santiago co 1º clasificado da 3ª división nacional de tenis de mesa

O AD Zas Ponciano Nieto empata en Santiago co 1º clasificado da 3ª división nacional de tenis de mesa
Completa xornada de tenis de mesa a da pasada fin de semana para os equipos da Costa da Morte. Despois dunha mala racha, chegan os bos resultados.

3ª División Nacional

  • Resultado: Conxo TM – AD Zas Ponciano Nieto   3-3   (12-10)
Excelente resultado o conseguido polo AD Zas Ponciano Nieto en Santiago xa que o empate - pese a baixa de Andrés Fagín - permite aos de Zas acudir a fase de ascenso con dous puntos. Puido traer a victoria se Brais Blanco volvese a dar a sorpresa e lle gañara a Eloy Raña, pero este tiña a lección ben aprendida de Zas. Nos outros partidos os resultados foron os normais, aínda que Miguel Rey fiouse demasiado e cediu 2 sets a Jesús Carracedo pero coa confianza de conseguir a victoria. O AD Zas Poncioano Nieto acaba a primeira fase da liga invicto e cos mesmos puntos co 1º clasificado, o Conxo TM. A fase de ascenso a 2ª división nacional xa comeza o vindeiro domingo en Narón, serán por concentracións e en cada unha delas disutaranse 3 encontros. Dúas destas concentracións serán en Zas o 12 e o 26 de marzo. Resultados parciais Brais Blanco- Edu Quintela 1-3 Miguel Rey – Eloy Raña 3-1 Gonchu - Jesús Carracedo 3-0 Brais Blanco – Eloy Raña 0-3 Gonchu – Edu Quintela 0-3 Miguel Rey – Jesús Carracedo 3-2
1ª división galega
  • Resultado: Liceo Noia “D” - AD Zas Construcciones Cernadas  1-5  (8-16)
En 1ª galega excelente o resultado de AD ZAS Construcciones Cernadas en Noia ante un rival que xa está descendido pero que loita todos os puntos. Desta forma os de Zas consiguen a permanencia matematicamente, obxectivo marcado a principios de temporada, a falta de 5 encontros por disputar. Desta vez non foi Stevo pero Ángel, Miriam e Raúl non deron opcións aos noieses.
2ª división galega
Resultados:
  • AD Zas O Pinar – Arteal Ventanas “B”  3-3  (9-10)
  • Vimianzo TM  - Arteal Ventanas “B”     2-4  (10-12)
  • Oroso TM Hotel Santa Cruz - Concello Mazaricos  3-3  (11-9)
  • Oroso TM Peluquería Tije  - Concello Mazaricos   2-4  (8-13)
En 2ª galega o único resaltable foi o empate entre Oroso Hotel Santa Cruz e o concello de Mazaricos que deixa en espera doutros resultados as opción de ascenso de cada equipo. Os mazaricáns acudían coa baixa de Javier Rodríguez por motivos persoais.
2ª división nacional femenina
Resultados:
  • Aluminios Xeal de Zas -   Club Narón  1-3
  • Aluminios Xeal de Zas – TDM Vilalba Veteranas 3-2
  • Aluminios Xeal de Zas – Escola Cidade de Narón  1-3
  • Aluminios Xeal de Zas -  Sanjurjo Moda de Vilalba 0-3
  • Aluminios Xeal de Zas – San Xoan  de Ferrol   3-2
  • SD A Baña - Escola Cidade de Narón  3-2
  • SD A Baña - Club Narón  1-3
  • SD A Baña -  TDM Vilalba Veteranas  0-3
  • SD A Baña – San Xoán TM de Ferrol  0-3
  • SD A Baña - Sanjurjo Moda de Vilalba 0-3
En 2ª nacional femenina foron moitos os partidos disputados en Ribadumia con victorias e derrotas pero todas desfrutaron do tenis de mesa e comprobamos como o deporte femenino esta medrando e sobre todo no tenis de mesa. Próximos partidos A vindeira fin de semana tamén será moi completo.
  • Domingo, 5 de marzo: 3ª nacional masculina, fase de ascenso en Narón
10:30 horas: Hotel Chips Narón - AD Zas Ponciano NIeto 15:30 horas: AD Zas Ponciano NIeto - Galmédica Ourense TM 17:30 horas: AD Zas Ponciano NIeto - Club San Xoan Veteranos
  • Sábado, 4 de marzo: 1ª galega
17 horas: AD ZAS Construcciones Cernadas - CTM Lalín "B"
  • Sábado, 4 de marzo: 2ª galega as 17 horas
En Santa Comba: Santa Comba - AD Zas O Pinar No Liceo de Noia: Liceo NOia "E" - Concello Mazaricos
  • Venres, 3 de marzo, ás 17 horas en A Baña 2ª nacional femenina
SD A Baña - Aluminos Xeal Ademais, este domingo - día 5 - un autobús de xogadores de tenis de mesa desprazarase a Sigüeiro (Oroso). O bus saíra de Vimianzo as 14:15 horas e pasará por Baio, Zas, Santa Comba, A Baña, Paramos e Portomouro para ir recollendo aos xogadores. En total serán 40 os deportistas aos que se sumarán os acompañantes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.

Comentarios