O Anorthosis espalla o tenis de mesa pola Costa


Impagable o labor que fai a familia Anorthosis para espallar a semente do tenis de mesa pola Costa da Morte.70 cativos participaron este pasado sábado na concentración deste deporte celebrada no ximnasio do CPI de Zas. Unha xornada “excepcional”, como califica a alma máter da familia, Stevo Lema.
”Algúns gañaron máis partidos que outros, pero o importante foi o bo ambiente deportivo, a camaradería entre eles, o desfrute do deporte e, por suposto, as gañas de volver”, destaca Stevo. Sobre todo dos que foi a súa primeira vez e que antes de marchar preguntaron cando era a seguinte. "Desfruta do nadal e aprende moito que será moi pronto"
Os mozos deportistas de toda a zona (que chegaban do Concello de Vimianzo, do AD Zas, co CPI A Baña, do CEIP Portomouro, e do CPI de Outes) déronlle duro á bola coa súa raqueta e non perdían detalle de como lle daba o posible contrincante da próxima partida. Tal foi a concentración no xogo e nos partidos que cando algún saía fora do ximnasio rapidamente se reclamaba a súa presenza. De feito, un grupo de rapaces que vendían refrescos e chuches para facer fondos de cara a excursión de fin de curso, entraron para queixarse de que non saían comprar, por que tiñan que xogar seguido…
Vemos na foto os últimos que quedaron no ximnasio, xa pasadas as 19:30h. Gran parte dos participantes xa marcharan, despois de 4 horas xogando non é de estrañar e estan desculpados. “Gañadores, todos os que viñeron.”
Máis información
- Clasificación da 3ª División Nacional Grupo Centro.
- Clasificación da 2ª División Galega Grupo Centro.
Novas relacionadas
- Vimianzo, Zas e Mazaricos seguen vibrando co tenis de mesa.
- A familia Anorthosis segue medrando.
- Miriam Domínguez, ao Campionato Estatal de tenis de mesa.
- O Mazaricos non pode cos seus mestres do Anorthosis.
- Dúas de cal e dúas de area para a familia do Anorthosis.
- As rapazas do Aluminios Xeal estrearon categoría Nacional cunha viaxe a Asturias.
- O Anorthosis nota a falta de adestramento neste comezo de temporada.
- Stevo Lema disfrutou dun premio á súa carreira no Campionato de Seleccións de maiores.
- O Anorthosis comeza a tempada entre os primeiros equipos de tenis de mesa.
Crónicas da temporada pasada
- Ana García, triple podio no Campionato Galego de tenis de mesa
- O tenis de mesa galego celebrou en Zas a súa homenaxe a Moncho Varela.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).