O Atlélico de Madrid aterra en Dumbría
Segue Dumbría convertíndose nunha auténtica referencia deportiva a niveis moi altos. E ano que coñecemos hoxe é espectacular. Nada menos que a Fundación Atlético de Madrid vai poñer unhas Escolas Deportivas en Dumbría no marco dun Proxecto Deportivo e Social.
A asociación "rojiblanca" asinou un acordo de colaboración, en calidade de "dirección técnica", onde se encargará de dirixir a nova escola que durará ata final de tempada. As clases, dunha hora e media de duración, irán dirixidas para todos os nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 17 anos.
A presentación do proxecto será este xoves 5 de decembro, nas Instalacións Deportivas de `O Conco´, ás 19:00 horas.
Á mesma asistirán por parte da Fundación do Atlético de Madrid, os Coordinadores do proxecto deportivo Manolo Sánchez (ex xogador do Atlético de Madrid), Carlos Sánchez Aguiar (ex adestrador do primeiro equipo e adestrador de porteiros) e Germán Carballos (Director Xeral da Fundación). Mentres que polo Concello de Dumbría, asistirán o Alcalde Jose Manuel Pequeno Castro, así como o Técnico de Deportes do Concello César Ferrío.
Máis información
- Atlético de Madrid: La Fundación coordinará escuelas deportivas en Dumbría.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).