O Autocross de Carballo afianza o Circuito de Bértoa no Campionato de Bértoa
12:14 18/09/14
Todo o mundo valorou de fantástico éxito a organización do 2º Autocross Carballo que organizou no Circuito de Bértoa o Concello, a Federación Galega de Automobilismo e a Escudería Máis Motor . A antepenúltima proba puntuable do Campionato Galego na que participaron máis de 80 pilotos, e da que disfrutaron preto de 1400 persoas. Demostrando así que estas probas serven tamén de reclamo turístico para a capital carballesa.