Venres. 30.09.2022
El tiempo

O Balonmán Camariñas refórzase con vellos coñecidos

O Balonmán Camariñas refórzase con vellos coñecidos
O Balonmán Camariñas - Conservas Boya continúa na procura de reforzos de cara á vindeira tempada, logo do ascenso acadado á Primeira División Nacional. Se a comezos de xuño facíase público que o pontevedrés José Juan Estévez Romeu "Xota" será o adestrador na nova campaña, hoxe vimos de coñecer tres incorporacións tinguidas de volta á casa. Trátase de Borja (procedente do Xiria), e Fabián e Cristian (ambos procedentes do OAR). Os tres xogadores formáronse no conxunto camariñán e amosaron moi bos resultados durante o periplo polos seus, xa,  ex equipos. Os éxitos colleitados foron o detonante para que no Conservas Boya se contara con eles de cara ao seu novo proxecto. O clube xa lles deu a benvida e desexoulles sorte nesta nova andaina.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto Parapar.

comentarios