Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Balonmán Camariñas xa ten adestrador para a 1ª Nacional

O Balonmán Camariñas xa ten adestrador para a 1ª Nacional
Xa é oficial, o novo adestrador do Club Balonmán Camariñas - Conservas Boya de 1ª división Nacional para a tempada /articulo/outros-deportes/o-balonman-camarinas-celebra-o-seu-pase-a-seguinte-fase-cunha-visita-a-cerdeimar-e-unha-boa-verbena/20101224063905066708.html-2012, será o pontevedrés José Juan Estévez Romeu, máis coñecido como "Xota", de 30 anos de idade. Este ano será o primeiro que se sitúe á fronte dun equipo de categoría sénior, pero a súa experiencia contrastada en 1ª División Nacional e a boa pegada deixada en Camariñas tralo seu paso polo primeiro equipo e as escolas deportivas municipais, foron a causa de que a directiva confíe en Xota a dirección deste novo e ilusionante proxecto para a tempada que se aveciña tralo histórico ascenso.

José Juan Estévez Romeu

Licenciado en Ciencias da Educación Física e Adestrador Nacional de Balonmán. Como xogador, vestiu a camiseta dos seguintes clubs:
  • Bueu At. 1ª Nacional tempadas 2001-2002 2002-2003 e 2003-2004.
  • Bm. Porriño 1ª Nacional tempada 2004-2005
  • S.D. Teucro en Territorial e Div. Honra B tempada 2005-2006.
  • Bm. Camariñas - Boya 2ª Nacional tempada 2006-2007.
  • F.C. Barcelona 1ª Nacional tempadas 2007-2008 e 2008-2009.
  • OAR Sabadell 1ª Nacional tempada 2009-2010.
  • Uniu Esportiva Sarriá 1ª Nacional tempada 2010-/articulo/outros-deportes/o-balonman-camarinas-celebra-o-seu-pase-a-seguinte-fase-cunha-visita-a-cerdeimar-e-unha-boa-verbena/20101224063905066708.html.
Como adestrador, dirixiu nas categorías inferiores dos clubs que se relacionan:
  • Club Bueu Atlético.
  • Club Balonmán Porriño.
  • Sociedade Deportiva Teucro.
  • Escolas Deportivas de Camariñas.
  • Escola Deportiva de Handbol David Barrufet de Gavá.
  • Club Handbol Gavá.

Novas relacionadas

Crónicas do título do Conservas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto Parapar.

Comentarios