O Barça de Fútbol Praia, cun tridente costeiro na Copa Lagos
12:46 12/12/14
Que alegría ver a 3 xogadores tan vencellados ca Costa da Morte participando nun campionato mundial. Esta fin de semana celébrase en Lagos, Nixeira, a Copa Lagos, un torneo internacional de exhibición cos mellores equipos do Fútbol Praia de todo o mundo. E alí estará o FC Barcelona, que nas súas filas ten varios xogadores costeiros.
Xa están aló, Ramiro Amarelle, probablemente o mellor xogador da historia deste deporte, e natural de Ponteces; o carnotán Miguel Beiro, e Nico Alvarado, xogador coruñés pero que xa ten xogado na Liga da Costa e ten moitos amigos pola volta.
Ramiro, aos seus 37 anos, fai de míster, pero segue a ser un dos mellores xogadores do mundo. Nico e Miki son duros defensas.
Os nosos están á espera de que se confirme a data do Mundialito de Clubles, que era a próxima semana en Brasil. Pero polo de pronto a atención céntrase en Lagos.
Horarios da Copa Lagos
Para os que queiran estar atentos, o Barça xoga os seguintes partidos:- Venres 12 ás 14:00h (a hora local coincide coa galega): Barcelona FC - Pespi Academic Team (PAC).
- Sábado 13 ás 14:00h: Barcelona FC - Stationery Stores FC (STS).
- Domingo 14 ás Barcelona FC - Enyimba International FC (ENY).
Máis info
Podedes velos en directo dende:- www.beachsoccer.com.
- Redacción de QPC ([email protected]).