O Basket ponse de negro contra a violencia de xénero
Completa a fin de semana para as familias do ACB, do Basket Xiria e do Artai, destacando o compromiso dunhas bravas carballesas que se vestiron de negro apoiando a campaña contra a violencia de xénero polo 25N. Un Vazquez y Reino que ademais sumaba unha nova vitoria no derbi ante o Laracha.
Pola súa parte a familia ACB e a Artai completaron unha intensa xornada de bastek base.
Familia Xiria
2ª División Autonómica Sénior Feminina, Grupo Norte
- Resultado: Vázquez y Reino EBX - C.B. Laracha Nova Facial (63-37)
- Parciais: 18-13, 22-7, 12-8 e 11-9
- Vázquez y Reino EBX: Laura (6), Iria (4), Ana (3), Silvia (16), Sara (12), María Limeres (4), Cris, Estela (2), Irene (8), Andrea Mato, Alba (4) e Andrea Pombo (4).
O encontro era moi importante, xa que hai moita igualdade na liga, e cada vitoria conta na loita polos tres primeiros postos da clasificación que permiten xogar a fase de ascenso a 1ª Autonómica. O primeiro periodo comezou cun gran xogo das locais, acadando unha renda de 10 puntos no minuto 6 de xogo, 15-05, que pronto se viu reducida polo bo xogo nos derradeiros intres do equipo do C.B. Laracha, 18-13. O segundo periodo foi de claro dominio local. A defensa en zona proposta polo adestrador visitante non lograba evitar o bo xogo das nosas rapazas, e cun parcial de 22-7, o Vázquez y Reino EBX chegaba ó descanso dobrando no marcador ó seu rival, 40-20.
A segunda parte do encontro foi controlada polas xogadoras locais, non permitindo ás rivais que se puidesen acercar no marcador, e con parciais favorables 12-8 e 11-9, pechaban o marcador cun 63-37 final, que reflectía o bo baloncesto das rapazas carballesas.
Porén, o máis destacado do encontro non entende de competicións nin resultados, senón da loita contra a violencia de xénero, motivo polo cal as nosas xogadoras vestiron unhas camisetas negras durante o quecemento.
1ª División Nacional Sénior Masculino, xornada 5
- Resultado: Calvo Basket Xiria - CB Culleredo (66-59).
- Calvo Basket Xiria: Javi Argüelles 15, Héctor 5, Manu 1, Roi 2, Anxo 2, Fran 14, Tato 9, Luís 11, Moreira 8.
Volveu vencer o Calvo ao que chegaba de líder. Desta volta, o xogo exterior carballés superou a fortaleza dos visitantes. E iso que comezaron dominando cun parcial claro de 0-9, que provocaba o primeiro tempo morto local, no que se apelaba á agresividade e falta de intensidade na saída, como xa sucedera noutros partidos e que acabaron en derrota. O acerto de Tato e os triplos de Morerira e Fran foron reconducindo aos locais opara reducir distancias.
No segundo cuarto, a base de correr, endosan un 19-5 que permite aos locais irse ao descanso cun marcador favorable de 34-26, logo de estar 9 puntos abaixo.
Tralo descanso, o equipo local volve á defensa individual, e con acerto exterior e correndo, consegue un parcial de 8-0 que situa unha vantaxe de 16 puntos a favor dos de Carballo con 15 minutos por xogarse. Nese momento, o exceso de agresividade local, é penalizada con multiples faltas persoais, que levan a que o equipo de Culleredo, anote 10 puntos seguidos desde o tiro libre, e volva recortar distancias.
Fran mantén a vantaxe no últim cuarto, pero a falta de 3 minutos os visitantes póñense a 2 puntos e con posesión, pero acaban desperdiciando a ocasión e no seguinte ataque un triple de Arguelles case que sentenza o partido.
Familia ACB
Xornada de base para a familia do ACB Costa da Morte en Cee, destacando o derbi ante o Artai de cadetes, que levaron as carballesas:
2ª División Cadete Masculino
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – SANTA MARÍA DEL MAR (47-73).
Difícil partido para os cadetes de Pais ante un dos mellores equipos da categoría na tarde do sábado en Cee. Tras una primeira parte de alternancias e parciais tanto positivos como negativos para os nosos, na segunda o cansancio, a ausencia do base ceense Jorge e a velocidade nas ataques dos coruñeses, fixo que o partido se rompese definitivamente, nunha diferencia que non demostra o feito por un e outro equipo. Salientar a aportación de catro infantís que axudaron en todo o que puideron aos maiores despois do seu partido.
2ª División Cadete Feminino
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – C.B. ARTAI (23-66).
- Parciais: 3-16; 7-33; 14-46; 23-66.
Nova derrota das cadetes de Manuel Vázquez, esta vez ante un dos favoritos ao título, un Artai moi potente que retoman a senda da vitoria logo da derrota da semana pasada ante o Culleredo. Dende o primeiro momento notouse a diferencia entre os dous equipos, cun bo partido das máis novas do planter carballés Uxía, Alejandra e Carla.
As ceenses seguen sen gañar tras outro partido difícil, onde siguen sen atopar as sensación ante en ataque como en defensa. Aínda asi, segeuen intentando e traballando para conseguir a primeira victoria nos vindeiros partidos. A presencia de 3 xogadoras infantís, axudou moito na rotación e nos descansos das cadetes, chegando ao final do partido cas 3 na pista.
Infantís
Se o Ferroatlántica ACB Blanco caía con roptundidade na Coruña ante o Santa María del Mar, en Cee, e ante unha boa marea de espectadores, o Ferroatlántica ACB Verde era quen de adicarlle unha emocionante vitoria á afección vencendo 21-45 ao Montrove. Os David (13 puntos) e Ramiro (18) lideraron a puntuación duns ceenses nos que todoss participaron en ataque, destacando a entrega de Guille nas disputas polo balón, para poder levantar resultado nos últimos instantes.
Familia Artai
Liga Galega Cadete Masculino, x.4
- Resultado: CB Artai - Edo Blanco Amor Ourense (47-77).
- Parciais: 14-19 12-22 11-23 10-13.
- C.B. ARTAI: Marco (4), Javi Santiago (12), Julio (2), Pablo (4), Nión, Manu (15), Carlos (4), Edu (3), Diego (2), Samu, Mario (4).
- Resultado: IES Rosalía - CB Artai (63-12)
- Parciais: 19-4; 43-10; 63-12.
- C.B. ARTAI (4+6+2): Borja Ríos (4), Antón (4), Javier (2), Damián, Borja Rey, Daniel, Jano, José Moreira (2), Álvaro e Miguel. Antón co Artai infantil
- Resultado: EB Xiria - Cambre (62-73).
- Parciais: 14-16 / 14-21 / 20-15 / 14-21
- EB Xiria (14+14+20+14) : Yago Iglesias (4), Freire (2), Damián, Iago Caamaño (18), Borja Ríos (10), Manuel Abelenda (1), Samuel Lodeiro (8), Mario López (19).
- Basket: Carballo vence á Coruña.
- As Junior do Peugeot Dimolk Basket Xiria únense ao Mannequin Challenge.
- O Vázquez y Reino tamén sabe gañar fóra da casa.
- Xornada de derrotas para o basket costeiro.
- Arrincou a tempada para Xiria, coa gran estrea do Sénior Feminino, Artai e ACB.
- Carballo vístese de verde Xiria.
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
- Redacción de QPC ([email protected]).
Empezaron enchufados os mozos do cole, mantendo baixo control o xogo interior do Branco Amor e aproveitando rápidas transicións. Peor lle foron as cousas no segundo parcial, perdas provocadas por malos pases e falta de decisión deixaban ao equipo local 15 abaixo ao descanso. Á volta de vestuarios os ourensanos saen con 2 interiores, a defensa local empeza a sufrir no rebote e os de Branco Amor rompen definitivamente o partido cun 11-23.
Certa mellora na actitude local, que tamén defensivamente está mellor, só os fallos individuais, o rebote e o pouco ritmo en ataque impiden aos mozos do cole competir durante máis tempo os partidos e chegar ao final co marcador.
Liga Galega Infantil Masculino, x.8
Primeiro da segunda volta, disputado no IES Rosalía de Santiago na mañá do domingo. Non tiveron o seu día os carballeses no inicio da segunda volta e as boas sensacións dos últimos partidos, pese ás derrotas, se evaporaron na capital de Galicia. Os locais pecharon o marcador no terceiro cuarto.
Liga Provincial Cadete Masculino, x.5
Chegaba a primeira derrota da temporada, despois dun duro partido xogado en Carballo. Comezaba o partido permitindo que os seus exteriores xogasen 1x1 moi fáciles a canasta contra os nosos interiores que a maioría das veces terminaba en falta ou canasta. O marcador estivo moi igualado ata o segundo cuarto, que foi cando o número de faltas obligou a facer moitas rotacións e tamén a presión a toda a pista en momentos importantes do partido nos puxo 9 abaixo ao descanso.
Un moi bo terceiro cuarto dos rapaces no apartado defensivo, achegábanos con diferencias de 2- 4 puntos, tras varios roubos de balón e boas xogadas dos interiores. No derradeiro cuarto, o cansanzo físico e as malas lecturas en ataque deixou 19 abaixo a falta de 2 minutos para o final do encontro, pero en tan só 30segundos recortábase ata os 11 puntos de diferencia finales para o partido de volta intentar remontalos.