Sábado. 11.05.2024
El tiempo

O Beba faise co vivido Campionato Interparroquial de Mazaricos

O Beba faise co vivido Campionato Interparroquial de Mazaricos
Beba campion do Interparroquial de Mazaricos copia Beba, campion do Interparroquial de Mazaricos

Fantástica a espectación xerada en Mazaricos e toda a volta con este Torneo Interparroquial de Nadal, que tiña a final prevista para o pasado 9 de xaneiro, pero que por mor do estado da pista do pavillón da Picota coas inundacións, celebrouse finalmente este sábado 16.

Tiña lugar a Fase final, con intensas semifinais e a gran final cheas de tensión, tralas cales o Beba quedou finalmente campión. Todo ante un gran ambiente no Pavillon Municipal da Picota, cuns 100 espectadores, que disfrutaron da fase final deste emocionante torneo interparroquial.

Cómpre loubar a gran labor que fixo posible o campionato, a Brian e Capilla, aos mandos da mesa arbitral, Óscar o árbitro, así como os membros de Eu Son Mazaricos Ismael, Cris e Antoniño na organizacion e a colaboracion do Concelleiro de Deportes do Concello de Mazaricos Esteban Pereiro, que tamén competiu.

Coluns segundo de Mazaricos copia Colúns quedou segundo en Mazaricos

Resutados

  • Semifinais:
    - Beba - Coiro (4-2).
    - Corzón - Colúns (3-5).
  • 3º e 4º posto: Coiro - Corzón (1-3).
  • Final: Beba - Colúns (4-3).

Clasificación:

  • 1º clasificado: Beba.
  • 2º clasificado: Colúns.
  • 3º clasificado: Corzón.
  • 4º clasificado: Coiro.

Semifinal 1

  • Resultado: Beba - Coiro (4-2).
  • Goles: Tabula, Maky, Cabrexo e Segundo para o Beba; Cheli e Jose Ángel para o Coiro.

Moi disputada semifinal entre as dúas parroquias, nas que ambos equipos notaron as baixas dos seus mellores xogadores, Kevin e Rachón por Coiro, e Esteban Pereiro por Beba. Comezou pegando primeiro Coiro con gol de Cheli, tras un barullo na área, remacha a gol. Non tardaría en igualar Tabula, nunha contra rapidísima.
Xa na segunda parte, xogada individual d Tuco que Jose Angel remata no segundo pau. Tras varias paradas de mérito de Damián, porteiro de Beba, o seu equipo darialle a volta o marcador con goles de Maky e Cabrexo. Xa nos últimos minutos, Segundo sentenciaria o pase á final, pondo o 4-2 definitivo.

Semifinal 2

  • Resultado: Corzón - Colúns (3-5).
  • Goles: Fran (2) Borja para o Corzón; e Molinos (4) Sandelo para o Colúns.

Soubo levar mellor os tempos do xogo a parroquia de Colúns, cun Molinos en plan estelar que anotou 4 goles, e un xogo ordenado de autentico futsal, comandado por Sandelo. Non sin unha dura defensa do Corzon, que non tiveron o seu mellor dia no aspecto ofensivo, maquillando o resultado final con 2 tantos de Borja e 1 de Fran.

3º e 4º posto

  • Resultado: Coiro - Corzón (1-3).
  • Goles: Tuco para o Coiro; Roky, Fran (2) para o Corzón.

Arrancou o xogo con embestidas polos 2 bandos, pero levando o primeiro tanto o Corzón tras remate de Roky. Seguiuno intentando o Coiro, mais nunha xogada de pouco perigo, Vilas non despexa un balon e regalalle o segundo gol a Fran que bate a Alvela no un contra un. Xa no segundo tempo, o Coiro saiu a polo partido, e tras dous paus, Tuco consegue bater a Miguel, tras un rexeite a tiro de Antoniño. Co equipo volcado arriba, nunha das ultimas xogadas do partido, Miguel fai un paradon a un lategazo de Antoniño que se colaba por toda a escuadra. Xa no último suspiro, o propio Antoniño perde un balon como ultimo home, que non desperdicia Fran, facendo o 1-3 final, e que lle da o 3º posto a parroquia de Corzon.

Corzon quedou 3º en Mazaricos Corzón quedou 3º en Mazaricos

Final

  • Resultado: Beba - Colúns (4.3).
  • Goles: Cabrexo (2), Alberto, Ferreiro para o Beba; Sandelo (3) para o Colúns.

Tremendamente intensa e emocionante a gran final entre dous equipazos. Tras uns primeiros minutos nos que os equipos mostraban as suas credenciais, foi Cabrexo o que abriu o marcador. Voltou Cabrexo a por o 2-0 antes do descanso. Coluns puña o xogo e Beba os goles. Tralo descanso, outro calco da primeira parte, pondose 4-0 von goles de Maky e Ferreiro. Pero fixoselle larga a segunda parte, donde un baixon na intensidade e concentracion, fixo que chegase o primeiro dos de Coluns cun golazo de Sandelo tras xogada individual. Cargouse Beba de faltas, e na sexta, Sandelo convirte o dobre penalti. Repitese a mesma situacion, con outro dobre penalti que volve a anotar Sandelo a falta de 2 minutos. Pero non puideron culminar a remontada que os levaria a xogarse o titulo nos penaltis. Moito mérito para o porteiro de Beba, Damián, que realizou paradas espectaculares que salvaron ao seu equipo.

Novas relacionadas

As táboas en www.futboldacosta.com

 

Fonte

Comentarios