Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas saca o rodete mentres o Calvo acusou o madrugón

O Bm. Camariñas saca o rodete mentres o Calvo acusou o madrugón

Outra vez o rodete camariñán volve ser determinante en casa e arrasou co Novás no Areal. Así, o Conservas mantense arriba, na 2ª praza da 1ª Autonómica, con 5 vitorias e 2 derrotas, só por debaixo do Rasoeiro Bm.

Pola súa banda o Calvo debeu acusar o madrugón para ir a León e non amosou a súa mellor cara.

1ª Autonómica, xornada 7

  • Resultado: Balonmán Camariñas - At. Novás (36-21)
  • BM. CAMARIÑAS: Alex (p), Víctor (p), Fari (3), Iván Pan (4), Quin (9), Borja (2), Moncho (2), Catalán (6), Xabi (1), Fran, Jacob (2), Perón (5), Antelo (1), Damián.

Aínda que o Atlético Novás nunca deixou de darlle a cara ao partido, non puido evitar que de novo o equipo camariñán fósese marchando aos poucos no marcador, podendo ser ata maior a diferenza, xa que no último cuarto foron entrando en cancha os non habituais.
De todos os xeitos se vió un partido moi bo, onde os rivais cunha defensa 6-0 intentaron frear a primeira e segunda onda dos locais e cun ataque baseado na organización da súa central Ismael, a eficacia do lateral esquerdo Igrexas e o mellor do seu equipo o pivote Trinta, intentaron romper a boa defensa conserveira, que con Víctor e Alex na portería, o bo facer de Moncho e a eficacia goleadora de Quin, Catalán e Perón, permitiron marcharse rapidamente no marcador, abrindo unha distancia que foi insalvable para os do Rosal.

1ª Estatal, xornada 6

ULE Ademar- Calvo Xiria -Foto-XIria
  • Resultado: Universidade de León - Calvo Xiria (31-26)
  • CALVO XIRIA (11+15): Kike [p], Chimpo (5), Cuco (2), Manuel (4), Jesús, Sergio (5), Gonzalo -equipo inicial-Iago [p, ]Mario (1), Brais (3), Ramón (1)., Dubra (5), Alex García.

Sen recuperar as baixas e logo dun bo madrugón, o viaxe comezou ás 6:00 para os carballeses, presentábase na pista universitaria de León o Calvo Xiria para xogar ante un rival de contrastada calidade tanto individual coma colectiva pero ao que lle está custando funcionar coma a tempada pasada.

Xa na pista houbo de todo por parte dous equipos, acertos e erros, boas e malas accións colectivas e individuais. O partido comezou igualado, con parciais favorables aos dous conxuntos, pero a partires do minuto 20 foron os locais os que atoparon un mellor equilibrio entre os ataques e as defensas. Tirando bo proveito das superioridades numéricas o Ademar rompeu o encontro.

O Calvo Xiria tentou por todas as formas recortar a diferenza para poder levarse algo positivo do enfrontamento pero pouco a pouco o as enerxías da primeira liña carballesa foise esgotando, o que se traduciu na falla de acerto e nas precipitacións, das que sacou con rápidas contras, froito o conxunto local. Os carballeses non tiveron opcións nos derradeiros minutos, xa que a súa defensa aberta foi ben resolta polos xogadores leoneses.

Vindeira cita

  • 1ª Autonómica Masculina: O vindeiro sábado desprázase o equipo a Lalín, que ante o Deza espérase amose a fortaleza que está mostrando nos partidos de casa e consiga un resultado positivo que o manteña na cabeza da táboa.
  • 1ª Autonómica Feminina:
  • 1ª Estatal: A liga depara un clásico xa no balonmán galego entre o Calvo Xiria e o Bm Cisne no que suporán dous importantísimos punto en xogo. A cita no Municipal Vila de Noia, o vindeiro sábado ás 18:00 horas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

Comentarios