O Bm. Camariñas tamén perde xogando ben

Bo partido do Camariñas en León, e a pesar de todo caía derrotado ante o 4º clasificado. A pesar do adverso do resultado, se o cadro conserveiro xogase así todo o campionato, de seguro que non estaría coqueteando co faroliño vermello a estas alturas da competición. O Boya xogou, convenceu, pero non gañou, outra vez será, pois co xogo realizado en terras leonesas, seguro que se gañan máis partidos.
Pola súa banda, o Calvo Xiria visitaba ao Bm. Porriño, sólido líder da categoría na vixésimosegunda xornada da liga de 1ª Estatal, e acadaba un punto, froito do resultado de empate a 35 goles, que soubo a pouco nas filas carballeses visto o que aconteceu nos derradeiros cinco minutos.
Nova convocatoria de David García Pichel

Entrementres o que segue a traer boas novas é o carballés David García Pichel, que volve ser convocado coa Selección Española Xuvenil. David xa se atopa, dende onte ata o día 15, en Guadalaxara, nunha concentración co fin de preparar a fase de clasificación para o Campionato de Europa.
Univ. León ADEMAR - Bm. Camariñas (32-24)
- BM. CAMARIÑAS: Cristian (p), Víctor (p), Fary (2), Fabián (5), Pombo (2), Quin (1), Damián, Borja (4), Moncho, Salva (2), Catalán (4), Xabi (2), Perón, Antelo (2).
O Conservas Boya empezou moi ben o partido en casa do ADEMAR de León pero aos poucos os locais fóronse facendo cun partido que comezara cun sorpresivo 0-5, o rodete leonés a base de oficio e adestramento puxo as cousas no seu sitio ao final do primeiro tempo. O Camariñas quixo rotar o banco para manter a frescura, pero os cambios tardaron en axustarse, o que serviu para que se recuperase o León ferido.
Bm. Porriño - Calvo Xiria (35-35)
- Calvo Xiria: Iago [p], Dubra (6), Miguel (1), Manuel (1), Cuco (5), Alex García, David (8) -equipo inicial- Naya [p], Ramón, Pablo (9, 4 de 7 metros) , Alex Zas (2), Sergio, Ángel (3), Christophe.
Partido sen defensas o vivido no municipal porriñés esta fin de semana. 70 goles entre os dous equipos e con papel estelar dos gardametas de ambos conxuntos, que foron de largo os xogadores máis destacados.
Golpeou primeiro o conxunto local que foi o que se fixo co mando do partido froito do acerto no ataque e nas primeiras paradas de Antón. Puido correr sinxelos contraataques para ir marcando o camiño mentres pola contra o Calvo parecía non ter chegado ao pavillón. Catro goles de vantaxe a falta de cinco minutos para o tempo de lecer deixaban ben ás claras quen fora o dominador... pero foi nese intre cando o Xiria espertou e comezou a correr como non o tivera feito antes. O resultado foi claro, un parcial de 2-5 que deixaba as espadas en todo o alto para os trinta minutos que faltaban por xogar.
Os primeiros trece minutos foron un calco dos da primeira metade, un Porriño máis enchufado que recuperaba folgos e mandaba de novo no partido. Pero pouco a pouco o Calvo impuxo o ritmo que máis lle interesaba e o partido igualouse, entrando nos derradeiros cinco minutos con todo por decidir. Os carballeses tiveron os dous puntos na súas mans, pero dous erros no minuto final puñan o empate en bandexa ao Porriño, que aproveitou perfectamente o agasallo.
Vindeira xornada
- O sábado 17 de marzo ás 18:30h o Boya no Areal ao Cisne de Pontevedra, equipo onde xoga o ex-camariñan Canedo.
- O sábado 17 de marzo ás 18:30h no Municipal Vila de Noia o Calvo Xiria recibe ao SAR de Redondela no penúltimo partido na casa.
Máis información
- Fed. Española Balonmán: Resultados e clasicacións da 1ª Estatal.
- balonman.blogspot.com.
- www.xiria.net/balonman.
Crónicas 2011/2012
- Xronada 21: Escápase a permanencia para o Bm. Camariñas.
- Xornada 20: Só David García Pichel dá unha alegría ao balonmán costeiro.
- Xornada 19: O Bm. Camariñas melloran a imaxe e o Calvo mira cara arriba.
- Xornada 17: Derrota do Conservas e vitoria e convocatoria internacional para o Calvo Xiria.
- Xornada 15: Conservas e Xiria intercambian os papeis.
- Xornada 14: O Conservas Boya non pode co Paraxe Construcciones mentres o Calvo segue arriba.
- Xornada 13: O Calvo demostra ante o Conservas a súa hexemonia na Costa.
- Xornada 12: Dúas derrotas para preparar o histórico enfrontamento entre Calvo e Conservas.
- Xornada 10: Dúas historias distintas para Calvo e Conservas.
- Xornada 8: O Balonmán crece na Costa.
- Xornada 6: Doble vitoria a domicilio para Conservas e Calvo.
- Xornada 4: Mala semana para Calvo e Conservas pero grande data para un carballés internacional.
- Xornada 3: Conservas e Calvo caen fóra da casa.
- Xornada 2: O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado.
- Xornada 1: O Conservas segue pagando a novatadas e o Calvo ponse freo.
Novas relacionadas
- O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado.
- O Balonmán Camariñas refórzase con vellos coñecidos.
- O Balonmán Camariñas xa ten adestrador para a 1ª Nacional.
- O Conservas Boya competirá en categoría nacional.
- O Balonmán invade a Costa de norte a sur.
- Carballo vive unha febre verde chamada Xiria.
- A bitácora da semana (CIV): O blog Balonmán Camariñas .
- Do Xiria á selección española de promesas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.