Martes. 10.12.2019
El tiempo

O Cabana lider da 3ª: falamos co seu adestrador

O Cabana lider da 3ª: falamos co seu adestrador
A vitoria do domingo pasado na Ponte do Porto levou ó Cabana a ocupar o liderato de 3ª Galicia. Un equipo con moita historia detrás que tenta reverdecer vellas glorias da man do seu adestrador, Oscar Lema, mais coñecido como Mingui. É sen dúbida un dos adestradores mais prometedores da nova fornada, que de momento lle dedica o seu tempo e saber ó clube dos seus amores, o Cabana, pero que a bo seguro pronto terá noivas en categorías superiores. Isto foi o que nos contou: O histórico Cabana, líder da 3ª Galicia QPC - Gran vitoria o domingo, como foi o partido? Foi un partido no que saímos moi metidos e dominamos a primeira media hora de forma clara, na que nos adiantamos e puidemos marcar algún gol màis, pero despois o Porteño subiu liñas e igualou moito o encontro, houbo ocasións claras nosas e deles pero o final o marcador non se movería. QPC - Que tal viches ó Porteño, outro dos candidatos ó título? O Porteño paréceme un equipo de xente con moita experiencia que sabe moi ben o que xoga e con xente de mitad de campo hacia diante con moita calidade, ademáis na Grixa non creo que se lles vaian moitos puntos. QPC - Que tal anda o Cabana? Como esperabas a principio de tempada? Pois andamos ben, incluso un pouco mellor do que esperábamos, 10 puntos de 12 están moi ben pero non nos podemos relaxar e seguiremos intentando sumar de 3 en 3 cada xornada. Aínda nos quedan moitas cousas por pulir especialmente a nivel defensivo xa que levamos moitos goles encaixados. Temos que seguir dando pasos para ser màis fiables aínda. QPC - Traballastes ben o mercado veraniego, Como se están a adaptar os novos xogadores? As incorporacións son Alessandro, Diego Alvarellos e Mateo que xa estiveran anteriormente no club e son da casa, ademàis incorporamos a 2 rapaces que suben de xuvenís como son Ferreiro e José Ángel, todos estes nomes o que fan e subir moito o nivel da plantilla, non podo decir a día de hoxe un 11 tipo porque non o hai, case non hai diferencia entre os 11 de cada partido e os cambios, e eso é algo moi bo para o grupo. Oscar Mingui-Foto-Cabana SD Oscar Mingui-Foto-Cabana SD QPC - Aposta o Cabana de Mingui polo ascenso decididamente? Apostamos decididamente por entrar nos Play offs porque creo que despois da temporada pasada é o que nos temos que autoesixir. O ascenso lóxicamente é o obxectivo final pero agora mesmo todos estamos mentalizados para lograr a nosa primeira meta que é asegurar xogar a promoción de ascenso. QPC - Cales son os teus obxectivos a medio plazo? Ó futuro a medio plazo e difícil poñerlle obxectivos, tratarei de seguir formándome unha vez acabe o nivel III en temas que me gustan como o scouting ou a prevención de lesións e tratarei de cada día sumar experiencias para intentar ser mellor adestrador. QPC - Estás de axudante na selección feminina coruñesa sub 15. Como está a ser a aventura? Unha experiencia moi rica e útil ademàis de moi bonita axudàndolle a Gueli en todo o que podo, o cual estou moi agradecido por darme a oportunidade o ano pasado e por renovar a súa confianza nesta tempada. QPC - Como está o panorama no fútbol feminino? Hai futuro? Non sólo hai futuro se non que tamén hai un presente no que cada vez hai màis licenzas femeninas e màis interese tamén por parte das nenas en xogar. A esto súmase que pouco a pouco se van deixando de lado os estereotipos polos cal as nenas e o fútbol non xuntaban ben. Estou convencido de que o Fútbol femenino irá a màis en cantidade e calidade nos próximos anos e espero ver algún equipo femenino pronto pola costa ademàis do Bergantiños e a Escola Deportiva As Miúdas. QPC - Onde veremos a Mingui nun futuro? Neste momento estou moi cómodo en Cabana coa confianza da directiva xogadores e afición, confianza que mantiveron o ano pasado cando as cousas non saían. Agora estou centrado en facer o mellor traballo posible e devolver toda a confianza que o club puxo en min. Por outra parte para min o Cabana é un equipo histórico da costa campión de liga e copa no pasado e con unha estructura de canteira na que creo firmemente con xente como Fernando, Pablo ou José Manuel, que fan un Traballo enorme. Por tanto estou centrado en facelo ben e devolver o Cabana a donde se merece o antes posible.

Comentarios