xoves. 05.06.2025
El tiempo

O Cabo Touriñán apreta a parte alta da táboa

O Cabo Touriñán apreta a parte alta da táboa
Rianxo contra o Cabo Tourinan de Xadrez Jose Soneira, á dereita, contra o Rianxo

Cuarta xornada de Liga e o Club Xadrez Cabo Touriñán vai que bota fume. 4-0 venceu ao Rianxo B e continúa firme o seu camiño cara o ascenso. Coa súa nova vitoria, a liga apértase na parte alta da clasificación con catro equipos a un punto de distancia. É lider o Milladoiro con 14 ptos., O Cabo Touriñán vai 4º con 13 ptos.

Cabo Touriñán 4 - Rianxo B 0

Resultados por taboleiro:
  • José Soneira - José Manuel Gomez 1-0.
    José sacrificou un alfil por dous peóns e atacou ao rei inimigo e tras gañar unha torre o seu rival abandonou.
  • Brais Rei - Manuel Lamas 0-1.
    Manuel xogou moi ben a apertura sorprendendo ao seu rival, pronto conseguiu iniciativa e logrou ventaxa material impoñendose con comodidade.
  • Ramón Franco - Gustavo Rei 1-0.
    Ramón xogou un gambito de Rei, e tras abrir a posición logrou unha maior actividade de pezas e logo de varios erros do seu rival conseguiu ventaxa decisiva.
  • Daniel Fernández - José Sar 0-1.
    O rival de José tomou a iniciativa conseguindo ventaxa de espazo, pero o xogador muxián logrou darlle a volta a partida e tras un erro do rival acabou gañando a Dama e posteriormente doulle mate ao rei.

Vindeira xornada

A próxima fin de semana volven xogar na casa contra o Liceo Pueblense.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios