Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O campo de fútbol de Louro terá herba artificial a temporada que vén

O campo de fútbol de Louro terá herba artificial a temporada que vén
Imaxe dun partido do Montelouro-Coristanco en Agra da Filgueira

Xa hai proxecto para remodelar o campo de Louro, en Muros. O do Agra da Filgueira pasa por ser un dos últimos da zona que é de terra, pero este verán, cando remate a Liga, empezarán as obras para instalar céspede artificial. Deste xeito, a vindeira temporada, probablemente os equipos da 2ª Autonómica poderán xogar contra o Montelouro sobre verde, e sen os míticos mikasa.

Unhas obras que contan cun orzamento de 241.000€, e que se solicitarán antes do 30 de maio. A Deputación aportaría en principio 120.000€, pero aínda está pendente o Concello dunha segunda subvención.

A obra ten que estar rematada antes do 30 de xullo.

Fonte

Comentarios