Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O carnotán Anxo Fernández representará a Galicia nun Open Internacional de Taekwondo

O carnotán Anxo Fernández representará a Galicia nun Open Internacional de Taekwondo

Anxo Fernández de la Iglesia, natural de Carnota, de 15 anos, será o representante da Selección Galega no Open internacional de España que se celebrará o sábado 24 de marzo en Alacante. Segue así colleitando éxitos o clube de Taekwondo Arte e Movemento, que forma e forma máis de 200 deportistas de nivel na Costa da Morte, nas súas aulas en Vimianzo, Carnota, Muxía e Cee.

"A verdade é que é unha nova máis que importante para o taekwondo da Costa da Morte", valora Graciela Toba, responsable do clube costeiro, "xa que é historicamente o primeiro deportista que entra na selección galega. Unha gran oportunidade para o mozo que ten que agradecer a colaboración do seu concello". Un Concello que fixo público a "honra que supón para todo o pobo de Carnota" esta convocatoria.

Anxo foi preseleccionado polos bos resultados obtidos polo deportista nas últimas competicións: 1º na Copa de Malpica, 2º no Campeonato Galego de Promesas. Así asitiu a dúas seleccións no Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra, pero na primeira xa gañou tódolos combates, e na segunda xa asistía case como candidato seguro.
A Alicante viaxarán tamén alguns membros da sua familia, pola ilusión que lles fai ver a competicion e animar ó deportista.
Viaxará coa Federación dous días antes. Competirá en Categoría Cadete pesado.

Volve o taekwondo a Cee

Iso si, poderemos ver a Anxo xunto con 26 taekwondistas máis da comarca, este próximo domingo 18 de marzo. O Clube Arte e Movemento organiza xunto coa Xunta de Galicia e a FGT o Campeonato Provincial escolar de Técnica. Será pola maña a partir das 10:00 h, no pavillon municipal de Cee. A entrada é gratuita.
Unha das asistentes será a presidenta da FGT, Merche Barriento, que debido as suas raíces, foi unha das responsables de que esta proba se realice en Cee. A verdade é que fai 20 anos que non se celebra unha competicion de taekwondo en Cee, onde fai dúas décadas había unha gran cantidade de deportista e tras unha baixada, agora disfruta dun moi bo momento.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios