O CDM Dumbría prepara a piragua para o Campionato de España en Aragón
Dumbría acollerá o 4 de agosto unha proba do Campionato de España Novas Promesas de Slalom. E os deportistas costeiros xa están en marcha para deixar o pavillón ben alto na casa. E o fan na vila aragonesa de Fraga, que acolle esta fin de semana a proba inaugural da Copa de España de Xoves Promesas de Slalom.
Alí estará unha pequena representación do CDM Piragüismo Dumbría. Entre os nosos palistas serán Martín Quintáns, recentemente pre-seleccionado para incorporarse o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, e que será unha importante baza do clube costeiro na competición de canoa. Ó olveirán o acompañarán Ramón Lado, Andrea Souto, e a outra posible opción de medalla do clube, Kiara Trigo.
Esta é unha competición pouco importante no que atende ós resultados, posto que é unha proba de arranque do campeonato, moi importante para ver onde está o equipo dumbriés pensando no Campionato de España de Xoves Promesas de Slalom, que cerrará a tempada nestas categorías de base coa súa celebración na Costa da Morte.
A cita será en Dumbría, o 4 de agosto, e trátase dunha competición historica, posto que é a primeira vez que Galicia acolle un Campionato de España da disciplina olímpica das augas bravas.
Escolas de piragüismo de verán
Por outro lado o CDM Piragüismo Dumbría ven de pór en marcha Escolas de Verán de Piragüismo nos concellos de Cee, Muxía, Vimianzo e Zas, ademais de Dumbría, onde traballa todo o ano. Animamos a todos os rapaces destes concellos a participar nestas actividades.
Máis información
Novas relacionadas
- O Piragüismo Dumbría trae dúas medallas da Copa de España de Slalom en Padrón.
- Diario dumbriés dunha fin de semana de piragüismo nos Pirineos.
- Durísima competición do Piragüismo Dumbría na Canle Olimpica de La Seu.
- O CDM Piragüsimo Dumbría sobe por primeira vez coma clube ó podium na Copa Galega de Slalom.
- O Piragüismo Dumbría abre a tempada con medalla.
- Dumbría acollerá dúas probas nacionais de piragüismo.
- Dúas medallas en casa para rematar un gran ano de piragüismo.
- O CDM Piragüismo Dumbría estrea páxina web.
- Unha nova Ruta BTT en Dumbría con personalidades para seguir promocionando o ciclismo.
- A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga.
- As rampas do Mirador do Ézaro agardan a invasión do pelotón.
- Máis de 170 embarcacións tinguiron de branco a ría de Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do CDM PIragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela.