Xoves. 03.12.2020
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría empeza a tempada con dúas medallas

O CDM Piragüismo Dumbría empeza a tempada con dúas medallas
Marco Cancelas en Covas

Dúas medallas foi o botín alcanzado polos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría na Taça Ibérica de Slalom que se disputou o pasado fin de semana en augas do Río Coura o seu paso pola vila portuguesa de Covas, no que foi o pistoletazo de saída á nova campaña

As medallas de Marcos Cancela, 3ª no K1 Cadete e Lorena Costa, 2ª en K1 xuvenil femenino ratificaron o bo papel do cadro dumbriés, pero son só o inicio da tempada. Ambos están fóra de forma, sobre todo a deportista de Berdeogas, moi cansada ao longo da fin de semana despois de varias semanas de moita carga no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde está becada coma residente.

En canto ó resto da participación, o máis destacable e que todos disputaron as súas correspondentes finais, a pesar dun peche de control moi esixente, posto que a proba era selectiva para entrar no Equipo Nacional Portugués, e os principais atletas do país veciño se epregaron a fondo. Fran Romar rematou nun destacable decimo primeiro posto no K1 cadete, Brais Pérez foi sexto e terceiro mellor galego no K1 xuvenil, Marco Oreiro que consiguiu  meterse con solvencia na final senior en canoa, ou a vimiancesa Alexia Canosa cun meritorio quinto posto no K1 infiantil.

 Ademais, xa fóra de competición, Martín Romar e Brais Cancela, da categoría alevín, exerceron de abridores facendo un fantástico papel a pesar do dificil do percorrido.

Lorena Costa do Piraguismo Dumbria en Covas Lorena Costa en Covas

comentarios