Martes. 01.12.2020
El tiempo

O CDM Piragüsimo Dumbría sobe por primeira vez coma clube ó podium na Copa Galega de Slalom

O CDM Piragüsimo Dumbría sobe por primeira vez coma clube ó podium na Copa Galega de Slalom

Segue queimando etapas o CDM Piragüismo Dumbría no seu corto camiño, e esta fin de semana subiu, por primeira vez, ó podium por clubes, despois de clasificarse 3º por detras do CDM Teixugos e do Clube Tea nunha proba disputada en Padrón.
Esta clasificación estivo sustentada na excelente competición de todos os seus palistas, que despois das preliminares, todos estaban nas finais, e en excelentes postos.

Hai que destacar a excelente proba de Iago Canosa, vencedor na competición de K1 cadete despois de realizar unha proba seria e dunha madurez descoñecida ata o momento no palista de Dumbría. Fixo a baixada de preliminares reservando, e mesmo así foi segundo a apenas 3 segundos do gañador da manga Daviz Gonzalez, do CP Baiona. Na final Iago empezou trazando con temple para acabar fortisimo a competición, gañando por 5 segundos o palista miñorano.
Nesta mesma competición, o tamén dumbries Marco Oreiro optivo un excelente terceiro posto.

Ademáis brillaron con luz propia no K1 Aarón Elías, terceiro clasificado no K1 senior despois de unha excelente manga final; Marco Oreiro, que subíu unha vez máis ao podium pero cun excelente segundo posto na canoa cadete.
En total 4 medallas que indican a boa progresión que está realizando o CDM Dumbría este ano.

Entre os demais particiantes, hai que destacar a fantastica competición de Laura Antelo, segunda en preliminares, e cuarta na final, a apenas vinte centesimas do bronce; e Xabier Trigo, cun sétimo posto que non fai xusticia o seu bo traballo durante a competición, pero os nervos da final o atenazaron despois de ser cuarto en preliminares.
Ademais competiron Martín Quintáns, Kiara Trigo e Andrea Souto coma abridores, categoría reservada ós infantiles en seguimento para entrar no Centro de Tecnifiación de Pontevedra, cun excelente primeiro posto de Martín e Kiara.

Vindeiras probas

No Calendario comprobamos que o clube dumbriés acodirá os vindeiros 14 e 15 de abril a unha proba da Competición Nacional en Le Seu de Urgell, en Cataluña.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios