Mércores. 15.05.2024
El tiempo

O Cee repite a historia da loita xeracional ante o Outes e faise co título infantil

O Cee repite a historia da loita xeracional ante o Outes e faise co título infantil
Cee-Outes infantil-Foto-Leticia Cee-Outes protagonizaron unha fermosa final infantil-Foto-Leticia Repetiuse a historia. Continúa a lenda destas dúas xeracións de futbolistas que se permiten seguir medrando. Cee e Outes, Outes e Cee, levan xa anso competindo man a man. En Alevíns, unha igualada liga rematara con final feliz para os azuis, e este pasado sábado, o San Paio de Refoxos vivía a segunda parte desta fermosa película entre dúas das mellores potencias do noso fútbol base. Potencias no futbolístico e no persoal, porque as dáus familias saben que no Fútbol Base o camiño é máis importante que o final, como lle recoñecía Suso, o segundo adestrador e alma máter ceés ao míster Nando, ao remate do fermoso choque que servía de finalísima ligueira. I é que parece que o destino está para eles, para decidir ligas no último suspiro. Dúas xeracións que ben merecían unha Fase de Ascenso á que só acodirá o Cee por un inxusto reparto dos postos de ascenso con outras delegacións que nunca acabamos de cambiar. O Cee quedou campión tras acadar o empate no desconto, nun partido tremendamente igualado e no que o Outes foi por diante durante máis de 70 minutos. Agora, mentres o Cee pensa na Fase, o resto de equipos xa teñen a cabeza na IV Copa da Costa Infantil.  

Cee - Outes (3-3)

  • Cee: Pablo, Santi, Isaac, Brais, Iago, Anxo, Dani Chao, Leo, Vabi, Alex Castro e Pablo Rey. Tamén: Alex Sánchez, JuanCa, Oreiro, Rubén e Adri.
  • Outes: Ángel, Marta, Dani, Manu, Sami, Álvaro, Isma, Tuñas, Fabio, Mariño e Keko. Tamén: Siso, Romero, Pelayo, Diego e Marcos.
  • Goles: 0-1, m.8: Álvaro de falta aproveitando un bote rápido; 0-2, m.14: Keko define tras unha prolongación de Mariño de cabeza; 1-2, m.25: Dani Chao; 1-3, m.44: Fabio tras un roubo e pase de Álvaro; 2-3, m.61: Leo; 3-3, m.83: Leo de remate.
Cee e Outes na final infantis-Foto-Leticia Cee e Outes na final infantis-Foto-Leticia Partido tremendamente disputado o celebrado no San Paio de Refoxos onde o vento e os nervos foron tan protagonistas como os futbolistas. Saiu o Cee mandón a pesar de xogar contra vento, pero desaprovietou a primeiras chegadas e o Outes, en dúas contras mortais, se colocaba 0-2 en apenas 15 minutos. Os Keko e Mariño arriba e Fabio pola esquerda facían un dano tremendo na defensa ceesa. Pouco a pouco o Cee intentaba saír combinando, ante un Outes moi ben armado, que esperaba presionar ben arriba, pero entre que o campo é enorme e que o marcador se puxo moi de cara, contemporizou máis. Empezaba o Cee a chegar e antes do descanso Dani Chao recurtaba. Ao comezar a segunda, Fabio facía 1-3, e mesmo un par de contras puido sentenciar o cadro que o sábado dirixía Tomé. Pero o Cee, xa co vento á favor, foi á desesperada. Leo recurtaba aínda con 20 minutos por diante. O Cee apretaba e apretaba, empurrando sen deixar ao Outes saír da súa área. Pero non entraba. Ata que, xa co tempo cumplido e Nando case que felicitando a Tomé, chegaba unha xogada que define unha temporada. Rouba Anxo, o pulpo no medio campo; pasa a Álex Castro, o director de orquestra deste Cee, que mete un pase de 25 metros ao pé para Dani Chao, un puñal, que en carreira regatea marcha por velocidade e saca un centro para que Leo remate de cabeza por riba da defensa. A historia deste potente Cee, que vale un título e a ilusión dunha fase de ascenso. Cee campion infantil O Cee celebrando o título de liga infantil  

Outes = Canteira

Outes campion intercomarcal de Alevin e Benxamin en Negreira En todo caso, o Outes segue a demostrar que é unha das grandes potencias en materia de canteira. A semana pasada proclamábase campión da Liga Benxamín Sur, e esta pasada fin de semana facíase co título intercomarcal nas categorías infantil, benxamín e alevín de Fútbol Sala disputadas en Negreira. Ademais, en Alevíns manteñen unha loita fermosísima co Xallas A, que ten 2 puntos de vantaxe sobre os da Serra a falta de unha soa xornada.  

Novas relacionadas

Máis novas de base

Comentarios