O Club Xadrez Cabo Touriñán remata a Liga nunha meritoria 3ª posición

07:10 30/04/18

O Club Cabo Touriñán rematou a Liga de 2ª División do Grupo C na 3ª posición. Os muxiáns non puideron co Algalia, pero nada podían facer ante un líder implacable, un Milladoiro que remata a liga con 10 vitorias e un empate en 11 partidos, sendo o equipo que ascende a 1º División, por diante do Pub Musaraña de Vilagarcía, a pesar de quedar empatados a puntos.
Agora aos costeiros teñen que planificar a liga do ano que ven mentres o xadrez continua sobre todo no verán con torneos individuais. Pero antes, repasamos o choque da última xornada.
Cabo Touriñán 1,5 - Algalia 2,5
Resultados por taboleiro:- José Soneira - James Dharlgen 0-,1 a partida decidiuse nun final de torres con dous peóns de ventaxa para o xogador santiagués
- Kamo Petrosian – Manuel Lamas 1/2-1/2, Kamo montou un ataque ao rei de Lamas con Torre e Dama pero non conseguiu mais que xaque continuo.
- Ramón Franco - Jorge García 1-0, Ramón chegou cun peón de ventaxa a un final de Cabalos e conseguiu coroar.
- Denís Fernandez - Santiago Pérez 1-0, Santi conseguiu ventaxa de torre por alfil pero non encontrou un plan gañador e o xogador santiagués conseguiu darlle a volta a partida tras unha avalancha de peóns no flanco de Rei.
Máis información
Novas relacionadas
- Bota andar, co prazo de inscrición aínda aberto, a pioneira Escola de Xadrez de Muxía.
- En marcha a pioneira Escola Municipal de Xadrez de Muxía.
Crónicas do curso
- A primeira derrota do curso do Club Xadrez Cabo Touriñán deixa todas as opcións a unha carta en Vilagarcía.
- Preparados para as grandes finais.
- O Club Xadrez Cabo Touriñán prepárase para unha emocionante a recta final.
- O Club Xadrez Touriñán supera o ecuador da Liga no liderato.
- O Touriñán xa é líder.
- O Xadrez Cabo Touriñán, firme cara o ascenso.
- O Xadrez Cabo Touriñán comeza a tempada con fichaxes mirando o ascenso.
- Muxía puxo o broche final ao pioneiro II Circuíto Intercomarcal de Xadrez Rápido Deputación da Coruña.
- O Club Xadrez Cabo Touriñán pecha unha gran temporada de debut.
- A Federación de Anpas pecha a súa 1º liga de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).