O Clube Arte e Movemento mete 23 taekwondistas no Campionato Galego
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2012/10/24/Familia-do-Taekwondo-de-Arte-e-Movemento-en-Sada-co-medallista-olimpico-Nicolas-Garcia.jpg)
![Familia do Taekwondo de Arte e Movemento en Sada Familia do Taekwondo de Arte e Movemento en Sada](/media/quepasanacosta/images/2012/10/24/Familia-do-Taekwondo-de-Arte-e-Movemento-en-Sada.jpg)
O pasado sábado 20 de outubro, o Club Taekwondo Arte e Movemento desprazou a 46 deportistas a Sada, para participar na Copa Deputación. Tratábase da Fase Provincial da Coruña, clasificatoria para a Copa Xunta de Galicia, no somentes pasaban os 3 primeiros de cada categoría.
O 50% de clasificados (23 dos 46 presentados) é unha marca máis que satisfactoria para o clube tendo en conta que, para moitos dos nenos, era a primeira competición oficial. Así e todo houbo moitas sorpresas positivas.
A emoción era palpable no ambiente tanto para os pais como para os nenos. Ademais, a atención estivo fixada na presencia do medallista olímpico en Londres 2012, taekwondista canario Nicolás García. Todos paproveitaron para facerse fotos, pedirlle autografos nos seus cintos de taekwondo, doboks, etc,…
![Familia do Taekwondo de Arte e Movemento en Sada co medallista olimpico Nicolas Garcia Familia do Taekwondo de Arte e Movemento en Sada co medallista olimpico Nicolas Garcia](/media/quepasanacosta/images/2012/10/24/Familia-do-Taekwondo-de-Arte-e-Movemento-en-Sada-co-medallista-olimpico-Nicolas-Garcia.jpg)
Gran competición
Finalmente a mañá foi inmellorable para Arte e Movemento. En case tódolos podios estaba a Costa da Morte, e mesmo 2 podios foron totalmente para Arte e Movemento, con un total de 23 clasificados para A Copa Xunta de Galicia, que se celebrará no proximo mes de novembro. Alí enfrontaranse os 3 primeiros clasificados das 4 provincias entre si.
Estes son os podios acadados polos deportistas da Costa da Morte:
- A2 Adulto masculino:
- Ouro: Manuel Alonso Alonso (Cee) - Ouro. - A3 Adulto masculino:
- Ouro: Juan Luis Lista Antonio (Muxía) - Ouro.
- Prata: Marcos Rodríguez Rodríguez (Carnota).
- Bronce: Juan Alvarellos Martínez (Cee). - C2 Adulto masculino:
- Ouro: Gonzalo Martínez Calvo (Muxía) - B1 Adulto faminino:
- Prata: Patricia Tuñez Lema (Cee). - A2 Infantil:
- Ouro: Carla Martínez Castreje (Cee). - C1 Infantil:
- Bronce: Adrián Rodríguez Priegue (Cee). - C2 Infantil:
- Ouro: Paula Ezara (Cee);
- Prata: Martín Franco Freire (Vimianzo). - C3 Infantil masculino:
- Prata: Álvaro Lado Domínguez (Mazaricos). - C4 Infantil masculino:
- Prata: Álex López Vieira (Cee).
- Bronce- Lucas Toba Casal (Muxía). - D3 Infantil masculino:
- Ouro: Ismael Senande Fernández (Carnota). - E2 Infantil masculino:
- Ouro: Ángel Alonso Rama (Carnota). - E4 Infantil masculino:
- Prata: Anxo Fernández de la Iglesia (Carnota).
- Bronce: Adrián Saborido García (Carnota). - D1 Infantil feminino:
- Ouro: Sara Fernández Sande (Cee).
- Prata: Paula Insua Domínguez (Fisterra). - D2 Infantil feminino:
- Ouro: Andrea Pazos Pérez (Vimianzo).
- Prata: Mar Marcote Domínguez (Cee).
- Bronce: Zoraida Barrientos Rey (Muxía). - E2 Infantil feminino:
- Ouro: Marta Sambade Rodríguez (Cee).
Un carnotán no Campionato de España
![O carnotan Anxo Fernandez sera o primeiro da Costa da Morte nun Campionato de Espana de Taekwondo](/media/quepasanacosta/images/2012/10/26/O-carnotan-Anxo-Fernandez-sera-o-primeiro-da-Costa-da-Morte-nun-Campionato-de-Espana-de-Taekwondo.png)
Anxo Fernández foi seleccionado, como vén sendo así toda a temporada, para representar a Galicia, pero nesta ocasion tratase do Campionato de España Cadete 2012, que se celebra este sábado 27 en Gandía. Anxo viaxa xa xunto coa Seleccion Galega de Taekwondo en autobús.
O carnotán será o primeiro taekwondista da Costa da Morte que participa nun campionato de España.
A Federacion Galega de Taekwondo soamente presenta a un deportista por peso, co cal recae sobre Anxo unha gran responsabilidade. Pero tamén para el esta é unha gran oportunidade.
Novas relacionadas
- 3 metais costeiros no XII Campionato Internacional de Combate de Ribeira.
- Dous carnotáns fan historia no Campionato Galego Cadete de Taekwondo.
- O carnotán Anxo Fernández representará a Galicia nun Open Internacional de Taekwondo.
- O Taekwondo da Costa vive un Soño Olímpico.
- 3 medallas costeiras no Campionato Galego Infantil de Combate.
- Unha Prata e un Bronce con humildade para os taekwondistas da Costa da Morte.
- Os taekwondistas costeiros acadaron o 2º posto nos Provinciais e preparan a exhibición anual.
- Xornada da Costa 2011: Camariñas puxo o quimono.
- Arte e Movemento.