Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O concello de Carballo e as escudarías Coruña e Máis Motor unen sinerxias para potenciar o circuito de Bértoa

O concello de Carballo e as escudarías Coruña e Máis Motor unen sinerxias para potenciar o circuito de Bértoa
premio-autocross-carballo O alcalde de Carballo recibiu onte a Ernesto Rumbo e Alberto González da Escudaría Coruña recoñecida como "Organizador do ano 2016" O alcalde de Carballo - Evencio Ferrero-  e o concelleiro de Deporte - Marcos Trigo - recibiron onte a Ernesto Rumbo e Alberto González, da Escudaría Coruña, recoñecida pola Real Federación Española de Automobilismo como “Organizador do ano 2016”. A entidade coruñesa é a máxima responsable da área deportiva do Autocross de Carballo, unha das citas xa habituais no calendario nacional e que o ano pasado reuniu a máis de 50 pilotos, en cuxa organización colabora coa escudaría carballesa Máis Motor, que estivo representada no acto de onte polo seu presidente, Juan Puga, e outros membros da xunta directiva, e con Carballo Deporte, que tamén tivo representación non só a través do concelleiro, senón tamén do director do departamento, Francisco García Bello. Rumbo e González presentaron o galardón que lles foi concedido hai quince días no consello superior de Deportes e entregaron a Ferrero unha placa como agradecemento ao repetido apoio que o concello de Carballo presta ao deporte do motor e á escudaría coruñesa. Méritos Rumbo explicou os méritos que a Federación española valorou o ano pasado para outorgarlles a distinción: a organización do Rally Terras do Mandeo, do nacional de rallys de terra, pola que Escudaría Coruña obtivo a mellor puntuación de todas as probas do calendario; da carreira do nacional de autocross de Carballo; do I Eco Rally de A Coruña, da copa de España de Energías Alternativas; e do Rally Rías Altas, do campionato de España de rallys para vehículos históricos. Ferrero asegurou que o agradecemento é de Carballo, e lembrou que, cando houbo que reflexionar sobre que facer co circuíto municipal, Escudaría Coruña atendeu a chamada do concello e viu a viabilidade do proxecto. O alcalde manifestou tamén a vontade de afondar nesa liña, procurar melloras e reforzar a presencia de Bértoa nos campionatos autonómico e estatal. Polo de pronto, este ano ambas competicións volverán a Carballo: o nacional, o 1 e 2 de xullo; o galego, o 8 de setembro.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios