O Duatlón encheu de deporte as rúas de Muros
Foto-Xose Sendon
150 deportistas participaban esta fin de semana no III Duatlón Eleuterio Balayo de Muros. Unha fermosa cita deportiva da que enchíu de xente toda a vila, demostrando o gran estado de saúde do deporte muradán.
Eran 5 km a pé, 20 en bici e outros 2,5km a pé para conseguir levar unha proba xa inserida no circuito provincial, e na que participaron numerosos atletas de toda a comarca da Barbanza. En homes non houbo sorpresas. Os tres que suiron ao podio partían como favoritos. O que non se sabía era a orde. Foi Brais Misa, de Gondomar, o campión, finalmente, superando en 20 segundos ao muradán Manu Dosil, a gran esperanza local, que se ben non puido dedicarlle a vitoria á súa parroquia, si que puido facer unha gran carreira, e rematar por diante do coristanqués Cristian Muíño.
Na zona alta tamén estiveron os deportistas do Club Triatlón Costa da Morte, Adrián Rojo e David Calzas, que remataron 7º e 10º respecticamente.
Podios no Duatlon de Muros-Foto-Xose Sendon
En categoría feminina venceu Silvia García, por diante de Marinela Mayo Caamaño e Patricia Álvarez Rey.
Este ano o evento cobraba un carácter solidario e desta maneira todos/as os/as participantes da edición puideron doar voluntariamente no momento da inscrición un 1,00 € á ONG, Proactiva Open Arms. Proactiva Open Arms é unha organización non gubernamental e sen ánimo de lucro que ten como principal misión rescatar do mar ás persoas refuxiadas que chegan a Europa fuxindo dos conflitos bélicos, das persecucións ou da pobreza.
Fotos-Xose Sendón
Se queren gozar do espectáculo, disfruten desta fantástica foi retransmisión en directo a cargo de Manuel Lago Tal a través de SinSon Live.
Novas relacionadas
- Muros xa se prepara para a Carreira Solidaria do Espírito Santo do 6 de maio.
- A BTT de Esteiro asegura a continuidade.
- Paula Esteiro e Damián Espasandín conseguen o 7º posto coa Selección Española nos Mundiais da OCR.
- Centro BTT Costa da Morte: unha senda que conecta 10 concellos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).