Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Dumbría, a un paso de ter 3 equipos en Liga Galega por primeira vez

O Dumbría, a un paso de ter 3 equipos en Liga Galega por primeira vez
Alex Sendón co Dumbria en Boiro-Foto-Marta Coronilla Alex Sendón co Dumbria en Boiro-Foto-Marta Coronilla

Pode culminar o Dumbría unha gran temporada na base. O único borrón, o dos cadetes, que sufriron un descenso, pero, hai que dicilo, dende o máximo nivel da categoría. Xogarán en Liga Galega os cadetes o vindeiro ano, igual que os Xuvenís, que este curso fixeron un papel excepcional.

Doutra cor deberíamos tildar a temporada dos infantís de Pablo Conde e David Carreira. Por agora, un título de Liga inapelable, con 21 vitorias en 21 partidos, un título da Copa da Costa con unha soa derrota; e unha fase pendente de poñer a guinda a este temporadón cun ascenso á Liga Galega.

Nas eliminatorias de campións só a mala sorte dos penaltis privounos de ascender directamente. Agora e tras superar duras eliminatorias ante O Pino e o Polvorín, afronta co Boiro o soño de volver á categoría autonómica. Na ida, na Barraña, os dumbrieses conseguiron un importante empate a 1, cun gol do ceense Álex Sendón, un dos motores deste equipo xunto a Lucas Toba, e iso que xogaron menos de 24 horas despois da final da Copa.

Lucas Toba co Dumbria en Boiro-Foto-Marta CoronillaO muxián Lucas Toba, un dos motores do Dumbría en Boiro-Foto-Marta Coronilla

A volta será este sábado ás 19:30h no Conco. A clave será saber aproveitar as ocasións, porque ante tal igualdade eses pequenos detalles poden ser decisivos. Os locais intentarán levar o dominio do balón (o Boiro sofre máis defendendo atrás) e marcar un ritmo intenso, para o que chegarán ben fisicamente pois será a primeira fin de semana cun só partido dende hai case dous meses.

Lamentablemente o gran partido coincidirá coa Final da Copa da Costa, que celebra uns quilómetros máis ao norte, no Pino do Val, á mesma hora. En todo caso, medio Dumbría aupará aos seus para conseguir ter 3 equipos nas Ligas Autonómicas pro primeira vez na súa historia.

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios