O Dumbría prepara o seu I Campus de Fútbol Base


Que o C.F. Dumbría é unha potencia en materia de fútbol base non cabe dúbida. O coidado da canteira é, dende hia uns anos, unha prioridade no Conco, e este 2012 por fin se veu recompensado o traballo cos ascensos á Liga dos equipos infantil e cadete.
Este verán quere seguir fomentando o deporte e atopando novas promesas, e para iso artella o I Campus de Fútbol Base do C.F. Dumbría.
Un Campus que se desenvolverá entre o luns 16 e o venres 20 de xullo, dirixido a xogadores de toda a bisbarra das categorías Alevín, Infantil e Cadete.
O curso será impartido por Técnicos do clube e ademais contará con algunha sorpresa...
Traballaranse aspectos técnicos, de coordinación e equilibrio, e coñecementos tácticos. E ademais haberá tempo para outras actividades comom piscina e charlas.
Máis información e inscrición
- contacto@cfdumbria.com.
- Chamando ao 687 966 894 ou 981 744 001.
Novas relacionadas
- Máis de 200 pequenos homenaxearon en Dumbría ao gran Andújar.
- Os infantís de Dumbría recibidos polo Alcalde polo ascenso.
Fonte
- Concello de Dumbría.