O equipo sub-17 do Volei Dumbría vence a 2ª proba do Campionato Galego
Non lles chega ca pista que tamén arrasan sobre area. Apenas unha despois da súa participación no Campionato de España, esta pasada fin de semana desprazábanse á praia boirense de Barraña 3 equipos do Voleibol Dumbría, para disputar a 2ª proba do Campionato Galego de Volei Praia, e competir cos mellores equipos do panorama galego.
O sábado día 28 diputábase a proba sub-19, e alí acudían Manuel Marcote e David Redonda representando ó Volei Dumbría. Esta parella, ainda en categoría sub 17, acudía a proba co obxectivo de acadar experiencia e enfrontarse a parellas de maior idade para mellorar o seu nivel competitivo, e non o fixeron nada mal, xa que pasarían a fase de grupos e clasificaríanse para xogar os cuartos de final onde quedaron eliminados ante a parella boirense por un axustado 2-0 con parciais de 16-14 e 15-12.
O domingo 29 sería o turno dos combinados sub 17 e sub 21.
O equipo sub 17 formado por Manuel Marcote, David Redonda e Marco Lado proclamaríase campión cedendo tan só un set en todo o torneo. Na fase de grupos vencerían por 2-0 todos os seus partidos. Nos cuartos de final imporianse sen ningún problema por 2-0 o equipo de Volei Coruña con parciais de 15-6 e 15-10 e nas semifinais eliminarían o equipo de Voleibol Vigo por un axustado 2-1 con parciais de 17-15, 9-15 e 10-8. Na final gañarían ó equipo local de Barraña Volei por 2-0 con parciais de 15-12 e 15-10.
O equipo sub 21 formado por Javier Domínguez e Sergio Quintela quedarían eliminados en la fase de grupos tras caer derrotados por 2-0 en todos los partidos.
Vindeira proba
E non quedará aquí a participación dumbriesa en terreo blando. A seguinte proba será en Vilagarcía o día 12 para os sub 21 e o 13 para o sub19. Os sub 17 terán que esperar ata o día 19 en Marín.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).