Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Ézaro foi o centro do Salvamento Acuático de Galicia

O Ézaro foi o centro do Salvamento Acuático de Galicia

Este pasado sábado 14 de xullo, a praia do Ézaro acollía o Campionato Galego de Salvamento Acuático do verán 2012 nas categorías alevin, infantil e cadete. Organizado pola Federación Galega de Salvamento e Socorrisma de Galicia (FESSGA), por Salvamento e Socorrismo de Carballo (SYSCA) e polo Concello de Dumbría, máis de 200 novos nadadores participan nunha paraxe de excepción.

Probas de rapidez, velocidade, natación, natación con táboa... foron as protagonistas e todos quixeron ser os mñais rápidos e fortes.

Foron 9 os clubes galegos participantes: Club Cerceda (Cerceda), Club SASA (Sada), Club Sysca (Carballo), Club Sal (A Laracha), Club Umia (Caldas de Reis), Club PC Salvamento (Sanxenxo), Club Salv-Ar (Arteixo), Club Salvamento Ponferrada (Ponferrada), Club Sapo (Pontevedra).

Finlamente, foi o Club SASA de Sada o campión por equipos, por diante do Clube Natación Cerceda e o Umia. Os carballeses do SYSCA quedaron 4º.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios