O Ézaro vibrou co volei praia e disfrutou co éxito dos xogadores do Manuela Rial


A pasada fin de semana disputouse en Dumbría a primeira proba do Circuíto Galego de Volei Praia 2011. O areal do Ézaro acolleu o inicio do campionato autonómico no que participaron preto de trescentos deportistas galegos de entre 13 e 21 anos. Foron 2 días fermosos de deporte de praia para todos.

Éxitos locais

E a participación costeira foi importante, demostrando ademais o nivel dos nosos deportistas. I é que os xogadores do Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee acadaron o segundo posto no volei praia na categoría sub-15, no que participaron 16 equipos.
O equipo formado por Javier Domínguez, Juan Carballo (ambos habituais na Seleeción Galega Cadete) e Maikel Mouzo, xogadores do Manuela coa participación do lugués Mario Dovalle, acadaron un meritorio subcampionato tras caer na final por 2-1 ante o equipo de Ourense.

Éxito completo
Ademais, cómpre destacar que o campionato foi un completo éxito en todos os aspectos. A participación foi excelente, contando co mellor do volei galego na praia dumbriesa e a organización estivo á altura. Só houbo un incovinte, pero desafortunadamente os responsables do Concello dumbriés aínda non poden controlar a forza do vento.
Vindeira proba do Campionato de Volei Praia
A segunda proba será os días 2ª 11 de xuño (categorías sub 15 e sub 19) e 12 de xuño (categorías sub 17 e sub 21)
No tocante a categoría absoluta a data para a celebración das competicións é a primeira fin de semana de agosto, este ano os días 6 e 7. Dita proba estase a convertir nun referente en Galicia, tanto polo nivel amosado entre os participantes e tamen pola gran afluencia de público nos partidos.
A vindeira proba do Circuíto Galego de Volei Praia 2011 celebrarase os días 18 e 19 de xuño nos arredores do Campo de Fútbol de Bertamiráns para as categorías sub 15 e sub 17 e en Oira (Ourense) para os participantes sub 19 e sub 21. Será a segunda do catro probas das que se compón o Campionato
Novas relacionadas
- O Volei Praia volve ao Ézaro por partida triple.
- A multifesta 2010 da Praia do Ézaro aguantou o nordés.
- Voleipraia no Ézaro 2010: Máis de 1.000 afeccionados e de 300 deportistas na Proba de Volei Praia do Ézaro .
- Os equipos do Manuela Rial acadan o 3º posto no Campionato Provincial de Volei.
- Pleno do Manuela Rial nos Campionatos Comarcais de volei.
- 3 xogadores costeiros levan a Galicia ao 7º posto no Campionato de España de Volei infantil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Colexio Manuel Rial da man de Gurutz Larrañaga.
- Fotos de Jose Manuel Dominguez Fandiño.