Os equipos do Manuela Rial acadan o 3º posto no Campionato Provincial de Volei


Os equipos do Manuela Rial non puideron reeditar o título de Campións provincias de volei ó perder nas semifinais das distintas categorías. Os equipos de alevíns e benxamíns conseguiron o 3º posto no partido de consolación nos partidos disputados o sábado no Monte das Moas da Coruña no marco do Campionato Provincial de volei.
No caso dos alevíns perderon ante Santa María del Mar en semifinais por 2-1. Os ceenses perderon o primer set e gañando o segundo, pero no decisivo 3º set non puideron superar o xogo do equipo coruñés.
No partido polo 3º-4º posto venceron claramente a Calasancias conseguindo a medalla de bronce.
Pola súa banda, o equipo alevín femenino caeu en semifinais ante o potente equipo de Calasancias por un claro 2-0 aínda que no primer set as nosas prantaron cara. Tras caer, acadaron o terceiro posto ó vencer a Rianxo por 2-1.
Os benxamíns venceron nos dous partidos do seu grupo ante Liceo B e Calasancias e nas semifinais foron apeadas da final polo equipo do Présaras. Como non podía ser doutro modo conseguiron tamén o 3º posto ó vencer a Calasancias nun partido moi axustado por só 3 puntos.
Vindeira cita
A seguinte cita do volei será este sábado e domingo na praia do Ézaro co volei praia nas categorías inferiores.
Novas relacionadas
- O Volei Praia volve ao Ézaro por partida triple.
- Pleno do Manuela Rial nos Campionatos Comarcais de volei.
- O Volei Praia volve ao Ézaro por partida triple.
- 12 medallas para os pequenos atletas de Cee no Campionato Provincial de Atletismo en Pista.
- 3 xogadores costeiros levan a Galicia ao 7º posto no Campionato de España de Volei infantil.
- O Manuela Rial logra o bronce no Campionato Galego de voleibol infantil e dous xogadores volven coa Selección.
Fonte
- Nota de prensa do Colexio Manuel Rial da man de Gurutz Larrañaga.