Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Fisober abre as súas portas para ampliar a canteira

O Fisober abre as súas portas para ampliar a canteira
Todas as mozas da bisbarra que estean interesadas en xogar ao fútbol sala este ano, poderán pasar polo Conco estas dúas semanas para coñecer de primeira man como traballa a xente do Fisober F.S.F.. O club costeiro está aberto a incorporar a novas rapazas e por iso propón dous adestramentos de portas abertas para que calquera rapaza, a partir de 7-8 anos, poida ver como funciona. Así, este xoves 9 de agosto e o vindeiro martes 14 de Agosto, en horario de 19:30 a 21:00 horas, o club celebra unhas xornadas de portas abertas para que calquera nena a partires de 8 anos que queira probar acuda as Instalacións Deportivas de O Conco en Dumbría e no seu Pavillón probe co noso deporte. Nun horario que permite desfrutar da praia e posteriormente pasarse por Dumbría a pasalo ben. Para calquer tipo de información sobre as xornadas non dubiden en contactar con estes dous teléfonos do club : 678.321.584 ou no teléfono : 627.366.349.

Comentarios