Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O Fisober arrinca solventando a súa conta pendente: gañar na casa

O Fisober arrinca solventando a súa conta pendente: gañar na casa
Estrea do Fisober neste curso

Arrincaba a Liga na 2ª División Nacional do fútbol sala feminino na tarde do sábado en Vimianzo. E o Fisober, malia non facer un bo partido, levouse o derbi galego de forma merecida, acadando a vitoria e con ela, algo que foi o seu gran pesadelo a tempada pasada, vencer como locais e darlle alegrías os seus siareiros.

Ademais, o sábado daba comenzo a Liga Provincial tamén na casa, e un Fisober B moi renovado enfrontábase a un debutante na categoría como o Estradense pero con xogadoras que veñen de categorías superiores como Luz Bugallo e Magali procedentes do Leis Pontevedra ou Vanesa. As mozas do filial non puideron completar a tarde perfecta que vese que van na boa liña.

2ª División Estatal, xornada 1

  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” - A FERVENZA (3-2).
  • FISOBER: Eva, Patri, Ana, Noelia e Raquel; tamén xogaron: Nuria, Barca, Inés e Myrella.
  • A FERVENZA: Nerea, Belén, Laura Doce, Irene e Andrea; tamén xogaron: Alba, Claudia, Antía e Laura Miraz.
  • Goles: 1-0 Patri, 1-1 Belén, 2-1 Raquel, 3-1 Raquel (descanso), 3-2 Laura Doce.

O partido subía o telón con dous equipos algo nerviosos ante a posta de largo da tempada. Pero pouco a pouco o Fisober foi tomando o mando ante un A Fervenza que optaba por esperar a media pista. Neses primeiros minutos era a local Noelia a que tiña un par de oportunidades para marcar o primeiro gol da Liga. Pero tivo que ser Patri a que os seis minutos o fixera e puxera en vantaxe o Fisober despois dunha combinación rápida e a súa definición.
Pouco tardou A Fervenza en dar a réplica tendo Eva que lucirse para frear a ocasión de Irene. O partido abriuse un pouco e Barca dispuña dunha ocasión para aumentar vantaxe.
Os once minutos a visitante Belén aproveitaba un erro local para poñer a igualada no tanteador. E pouco despois baixo un minuto tonto local , foi Laura Doce a que case lle da a volta o marcador.

O partido volveu o xogo dos primeiros minutos , ca imprecisión e os nervios das xogadoras típico do inicio de campaña. Pero cando encarábamos os dous últimos minutos desta primeira metade a debutante na categoría e co Fisober en partido oficial Raquel acadaba de lanzamento cruzado o segundo gol para as da Costa. E case sen respirar a mesma Raquel loitaba ata o final un balón que parecía que se ia por banda e plantábase ante a porteira para facer o terceiro gol local co que se chegou o tempo de lecer. O tempo de lecer non lle sentou moi ben as locais que vían como Laura Doce tiña unha ocasión de saída a cal respostou Nuria.
Unha Laura Doce que os catro minutos desta metade aproveitaba un balón longo da súa porteira para poñer o 3 a 2 no electrónico. Con este gol cambiou o partido e o Fisober espertou , Patri tivo dúas moi boas ocasións. E ata unha terceira despois dunha combinación con Myrella.
A falta de once para o fin sucedeu a xogada polémica do partido, as visitantes reclamaron un posible penalti que os árbitros decidiron que fora falta pero fora do área. Nos últimos minutos as visitantes decidiron arriscar máis e houbo ocasións para ambos lados pero as máis claras eran a contra para unhas locais que se defendían sen problemas. Sendo as máis claras para Patri ou Barca aínda que o gol da tranquilidade local non quixo chegar. No último minuto apenas pasaron problemas as da Costa levándose así a primeira vitoria da tempada .

No descanso do partido fixose entrega o socio Juan Miguel Rama da camiseta do Fisober FSF como gañador do concurso que organizou o club nas redes sociais.

uan-Gimel-do-Ghanan-Style-recibindo-a-camiseta-do-Fisober-da-capitana-Ana

Liga Provincial, xornada 1

  • Resultado: : FISOBER B – ESTRADENSE (0-3).
  • Goles: 0-1 Cristina (descanso), 0-2 Vanesa Vilar, 0-3 Eva.

O filial do Fisober no que debutaban na categoría Provincial a infantil María Lijo e as cadetes Andrea e Alejandra, todas elas xunto coa porteira Anabel tamén debutaban en partido oficial coa camisola negra. O equipo a pesares da xuventude prantou cara en todo momento e estivo no partido ata uns últimos minutos nos que pagou o esforzo.
O partido arrancaba co dominio visitante e un filial que traballaba arreo para manter a súa portería a cero e tentar saír a contra. As máis xóvenes do equipo costeiro cando podían combinaban e chegaban de vez en cando con perigo a portería defendida por Laura.
Luz Bugallo, Magali e Vanesa levaban o peso do equipo visitante e do partido, pero non eran quen de superar nin a Anabel , nin o traballo defensivo das súas compañeiras, que cada vez creaban máis perigo a contra. Ata que a cinco para o fin da primeira metade Cristina pescou un balón para poñer en vantaxe as visitantes. Con ese resultado chegouse o tempo de lecer.

Na segunda metade o guión foi o mesmo, ocasións visitantes e contras locais, aínda que as locais parecían combinar algo máis e chegar algo máis a portería rival que na primeira metade. Iso si as mellores ocasións eran visitantes . Co paso dos minutos o esforzo e os nervios do debut foron pesando nas pernas das xóvenes xogadoras da Costa. Non daban atopado o premio o seu gran traballo aínda que o partido se parecía igualar.
Ata que a catro minutos para o fin Vanesa Vilar poñía o segundo e finiquitaba o partido. Solo un minuto despois a tres para o fin era Eva a que puña o cero a tres definitivo no electrónico. As locais loitaron ata o fin pero o resultado non se moveu.

Moi bo partido do xoven filial do Fisober que deixou unha grata impresión no debut nesta campaña e no que se incluiron xogadoras do equipo infantil que competirá en Liga Galega, que botaran unha man o segundo equipo do Fisober cando faga falta e irán gañando minutos e experiencia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Fisober.

Comentarios