Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Ponteceso FSF arrinca un novo curso tras unha durísima pretemporada

O Ponteceso FSF arrinca un novo curso tras unha durísima pretemporada

Esta fin de semana comeza a Liga Provincial Feminina de fútbol sala e o Concello de Ponteceso FSF chega ó primeiro partido con moitas gañas. Este ano fixeron unha pretempada de 2 meses (agosto e setembro), nos que alternaron 5 sesións de adestramento en cada quincena e en distintas superficies (praia, carretera e pista), e na que xogaron varios partidos amistosos contra equipos masculinos e femininos como o Grupo Work (novo equipo que xogará na mesma categoría), o Hércules (equipo de autonómica) e o Portosín, intentando coller unha boa forma física para o comezo de Liga.

A pesar de contar con varias baixas, como son a da veterana Silvia por temas laborais, a de Alba Marrozos, que se incorporou a tempada pasada pero que o tivo que deixar por temas de estudos, e as de Anabel e Fany por decisión técnica, o equipo conta coas varias e importantes altas. Como as de Bea (porteira), Zeltia, Andrea, Savannah e Carla, que chegan ó primeiro equipo desde o seu filial (no que foron campionas zonais) e Laura (xogadora ata fai un par de anos das categorías inferiores do Viaxes Amarelle), que suplen a ausencia das antes nomeadas e que aportan xuventude e frescura ó equipo, xa que ningunha delas pasa dos 15 anos e fan que o equipo conte con 5 xogadoras sénior, 2 en idade xuvenil e outras 5 en idade cadete.
Dúas delas, Bea e Zeltia, foron convocadas a tempada pasada coa Selección Coruñesa Feminina Cadete e tanto o corpo técnico como as compañeiras teñen gran confianza nelas, e esperan que este ano elas lle aporten calidade ó equipo e que o equipo lle aporte estabilidade e oportunidades ás dúas xogadoras, que son unhas das futuras promesas do clube.

Obxectivos

Como obxectivos desta tempada o equipo ten, ante todo, mellorar o feito nas anteriores (recordamos que tan só teñen 3 anos de existencia e a tempada pasada xa quedaron no terceiro posto), así como tamén ir formando ás rapazas subidas das infantiles para que pasen de ser as futuras promesas do club a xogadoras importantes dentro do equipo.

Primeiro choque na casa

Esta tempada 2013-2014 as pontecesanas comezarana xogando na casa contra un dos equipos formados este ano e que se incorporan á categoría, como é A Baña. O partido disputarase o domingo 6 de outubro ás 12 da mañá no Pavillón Municipal de Ponteceso.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Ponteceso FSF da man de Barca.

Comentarios