Martes. 28.01.2020
El tiempo

O Fisober caeu na Copa Xunta

O Fisober caeu na Copa Xunta
A pasada fin de semana desputaba o Fisober por primeira vez na súa historia un partido da Copa Xunta. O rival era o Ponte Ourense, da División de Honra, o que foi campión de Liga e Supercopa en 2011.

Fisober – Ponte Ourense (1-7)

  • FISOBER: Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Ylenia, Eva e Laura.
  • PONTE OURENSE: Loli, Drica, Rosángela, Anita e Vanessa ; tamén xogaron : Chiqui, Laura, Marta, Carol, Noelia, María e Paloma.
  • Goles: 0-1 Laura, 1-1 Ana, 1-2 Anita, ( descanso ), 1-3 Drica, 1-4 Drica, 1-5 Chiqui, 1-6 Marta,  1-7  Vanessa.
Comezou o encontro coas rapazas da Costa moi concentradas, ata o punto que a primeira ocasión foi delas, por medio de Patri. Tres minutos despois, mandaron as de Ourense o balón ao travesaño. As vimiancesas decatáronse de que non había outra que defenderse con orde e tentar algunha contra. Aos catro minutos, Laura anotaba o primeiro tanto visitante. Puido respostar o Fisober cun lanzamento de Nuria dende lonxe, pero foise ao longueiro. Non querían ser menos as visitantes e Laura tamén mandaba ao longueiro. Tocaban e tocaban as do Ponte para buscar ocos e atopábanse cunha gran actuación da porteira Paula que freaba os seus intentos, xunto co traballo defensivo das súas compañeiras. Nin Laura , nin Drica, nin Carol podían coa porteira local. O Fisober non podía apenas sair, pero nunha desas poucas saídas Ana aproveitou un balón morto para colocar un sorprendente 1 a 1 no marcador. E Barca dende lonxe casi aumenta a sorpresa. Pero a 53 segundos do descanso Anita puxo ao Ponte Ourense de novo en vantaxe. Á volta dos vestiarios xa foi outra historia, as visitantes apretaron máis se cabe e non deixaron opcións ao Fisober que non inquedou case á meta defendida por Noelia. Todo o contrario que a de Eva, que ao igual que a súa compañeira Paula, fixo unha gran actuación na portería. As ocasións e os goles foron caendo nesta segunda metade. A internacional Rosángela, que debutaba procedente do Valladolid, enviaba ao longueiro aos tres minutos. Aos cinco, a brasileira Dric facía o terceiro para o seu equipo, e un minuto despois o cuarto. No seguinte minuto era frenada por Eva, e no minuto oito Chiqui facía o quinto para as visitantes. O Ponte chegaba unha e outra vez ante Eva amosando que ás locais se lles foron esgotando os folgos. Aínda así, as do Fisober seguían sufrindo en defensa buscando que non se incrementara o resultado  cunha Eva moi atinada na portería . Pero nos dous últimos minutos caeron aínda dous goles máis, un por medio da internacional española Marta e outro de Vanessa. En definitiva o Fisober aguantou unha metade o empurre dun equipo de Divisón de Honra, pero a segunda fíxoselle moi longa, típico a estas alturas da pretempada. Destacar que no Fisober foron baixa para este partido por motivos laborais, tanto Elsa como Olalla. E que a cadete Laura por segunda vez disputaba uns minutos co primeiro equipo.

Novas relacionadas

Crónicas da campaña 2011-2012

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

Comentarios